O premio José Couso de Liberdade de Prensa outorgado a Defende a Galega non existe para as ouvintes da Radio Galega. Non se informou deste galardón –cuxo gañador se deu a coñecer a media mañá deste sábado- para esta iniciativa dos traballadores e traballadoras da CRTVG nin no informativo da 13:00 horas nin no das 14:00. Porén, outras radios si o fixeron, como a Radio Nacional de España ou Cadena Ser, entre outras.
Esta actitude contrasta coa mantida pola canle pública en anos anteriores a respecto deste premio e do que si se informaba do seus gañadores. Así, en 2018, deuse información de que o José Couso foi para a xornalista galega mais radicada desde hai anos en Catalunya Julia Otero.
Máis censura, máis manipulación. Todos os anos a TVG e a Radio Galega informan do #PremioCouso. Xusto cando o gañan as súas traballadoras e traballadores, a direccción censura a nova nos informativos. Cada día, máis razóns #DefendeAGalega #SenMedoALoitar @xornalistas pic.twitter.com/PG7ZxdwDjM
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) 13 de abril de 2019