A Garda Civil sinala o exceso de velocidade como causa do accidente mortal de Noiteboa malia as denuncias polo estado da N-541

O tráxico suceso produciuse na noite do 24 de decembro, cando, nunha xornada de intensas precipitacións en toda a Galiza, o autobús que cubría a liña Lugo-Vigo precipitouse ao río Lérez desde unha altura de 29 metros tras saírse da vía na ponte de Pedre, onde, nove meses despois, aínda pode verse a desfeita causada polo vehículo na varanda do viaduto.
Autobús sinistrado en Cerdedo-Cotobade en decembro de 2022, co resultado de sete mortes. (Foto: Europa Press)
photo_camera Autobús sinistrado en Cerdedo-Cotobade en decembro de 2022, co resultado de sete mortes. (Foto: Europa Press)
Comentarios