A onda de calor, con temperaturas elevadas a pasada madrugada, provocou tormentas en varios puntos da Galiza nas últimas horas.
O país rexistrou 404 raios desde as 00 horas até as 12 horas desta cuarta feira, segundo a información de Meteogaliza.
De acordo con estes datos, a actividade eléctrica concentrouse na Mariña, pero tamén afectou a comarcas como as de Ortegal e Ferrolterra.
Así mesmo, a rede de Meteogaliza detectou raios en áreas da contorna de Santiago de Compostela, Carballo e Santa Comba.