O PP vén de rexistrar unha proposición non de lei contraria ao galego no ensino

O galego nas aulas: de novo coa corda ao pescozo

A reforma educativa impulsada polo Goberno do Estado volveu abrir o debate sobre o papel das linguas no ensino. A eliminación da referencia explícita ao castelán como "lingua vehicular" reviviu o discurso do PP sobre a persecución deste idioma nas aulas e a "imposición" do galego, malia unha década de retroceso da lingua propia.
Alumnado do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela no inicio do curso escolar. (Foto: Arxina)
photo_camera Alumnado do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela no inicio do curso escolar. (Foto: Arxina)
Comentarios