“Está a repartir axuda humanitaria ou que fai?”. A sorpresa era unha das respostas nas redes sociais á foto de Corina Porro posando con máscara e garrafa de anti desinfectante en man nun reparto de material da Xunta fronte ao coronavirus para concellos da área de Vigo.
A outra resposta nas redes á imaxe da delegada da Xunta en Vigo era a indignación. “Que vergoña!” ou “espectáculo vergoñento” eran algúns dos comentarios.
O certo é que a foto non sentou ben a moita xente. Axiña houbo quen a ligou con outras fotos de 'metida de zoca' de líderes populares, como a de Núñez Feixoo mangueira en man contra os incendios en 2006, cando era líder da oposición.
A Xunta, a través da Delegación Territorial de Vigo, iniciou o reparto entre os concellos da área territorial do primeiro material urxente de protección para atender o persoal que segue desenvolvendo funcións nos distintos servizos municipais. Concretamente, repartíronse, informa a administración, máis de 20.000 pares de luvas e 2.000 máscaras entre os municipios da área viguesa.
As críticas nas redes diríxense ao que moitas consideran unha utilización “propagandística” por parte da delegada da Xunta dese reparto de material.
Polo menos Corina Porro puxo mascarilla. Propaganda si, pero segura pic.twitter.com/BXS8fpGFFg
— Éche o que hai, confinado 🛰️★😷 (@echeoqhai) March 24, 2020
A imaxe da esquerda é de sobra coñecida, a da esquerda é de hoxe, Corina Porro montando un espectáculo vergonzoso. Hai comportamentos que nin nesta situacion mudan, lévano no sangue pic.twitter.com/0O3rKeIenA
— Duarte Correa (@duartecorreaGZ) March 24, 2020
E seguimos. Corina Porro, man dereita de Feijoo en Vigo, actuando de maneira miserable nun momento de extrema gravidade social. Que falta de sensibilidade, ética e vergoña. Coma sempre máis preocupados pola propaganda que por resolver os problemas da xente e da sanidade. pic.twitter.com/DoC2aRnJLb
— Brais Fidalgo 🔻╰☆╮ (@BraisRibeiro) March 25, 2020
Corina Porro, de primero de populista.
— Nabor González (@Naborr) March 24, 2020
Recién renombrada Delegada de la Xunta en Vigo: gracias @FeijooGalicia por tanto. pic.twitter.com/2isVlYMzwe