Entroido na Galiza: Descubre a súa gastronomía máis característica

Entroido na Galiza: Descubre a súa gastronomía máis característica

Desfruta do entroido na Galiza e descubre a súa gastronomía, unha das principais razóns para achegarte a probar os pratos típicos da nosa terra

Xa estamos próximos a celebrar o entroido na Galiza, por iso é importante comezar a descubrir a súa gastronomía típica, disfrutando dos produtos de tempada e participando desta festa tan nosa.

Hoxe imos falar dunha das parellas mellor avenidas, a formada por: Entroido e Gastronomía. A parella máis irresistíbel do ano para celebrar unha das máis famosas festas galegas.

Datas do Entroido 2020 na Galiza: Cando son os mellores días?

 

Pero para aproveitar cada unha das oportunidades de troula que deixa o entroido, é importante ter claros os pratos máis salientables, dese modo ningún quedará no tinteiro.

Tampouco está mal ter claro cales son aqueles entroidos que non debes perderte. Para axudarche a organizar a túa axenda de festeiro, recompilamos as datas crave do calendario do Entroido 2020 na Galiza.

 

A comida como complemento importante da parte lúdica destas festas, non pode faltar, nin ser agochada ou esquecida, cando falamos do entroido. Os pratos máis importantes se consumen nestas datas así que, ven connosco e acompáñanos nesta ruta gastronómica típica do entroido.

Pratos típicos do entroido galego que tes que probar

1. Lacón con grelos

Este é o prato típico da cociña galega do Entroido. Un prato moi variado e completo, que ningún galego rexeita nestas datas. O mellor motivo para reunir á familia ao redor da mesa.

Os ingredientes principais deste prato son as patacas, o lacón e os grelos, e a partir de ahí cada un pode engadir dacordo os seus gustos, por exemplo, uns garbanzos, ou carne de tenreira.

Se queres disfrutar deste icónico prato podes acudir a unha das grandes festas gastronómicas destas datas: A festa do Lacón con Grelos en Cuntis, que celébrase o Domingo seguinte ó Domingo de Entroido.

Non perdas o remate desta festa, “O enterro do Chapante”, unha variación dó enterro da Sardiña.

5 pratos típicos para desfrutar en Inverno: Descubre a gastronomía galega

 

2. O Cocido Galego

Se temos en conta o que nos gusta os galegos comer productos de tempada, o entroido é a época ideal para degustar a carne de porco, o ingrediente principal dó cocido.

Despois dá matanza, no mes de Novembro, e tras dous meses de curación os produtos derivados do porco están listos para comer: chourizo, orella, cachucha...forman parte importante deste prato.

A festa gastronómica para degustar o cocido, celébrase en Lalín, nó corazón de Galiza, unha festa que fai honor a este prato, que é unha dás mais famosas: A Feira do Cocido de Lalín.

Se queres comer un bo cocido, achégate o Domingo anterior ó Domingo de Entroido para disfrutar tamén dun variado programa cultural, desfiles de carrozas, comparsas e verbena.

¿Coñeces as novas gastronómicas? Consulta a nosa sección de gastronomía

 

3. Androlla con grelos / repolo e patacas

A androlla é un embutido de cerdo típico da zona de Viana do Bolo. Pódese acompañar con grelos e patacas ou ben, con repolo e patacas.

O Domingo Gordo celébrase a festa da Androlla de Viana do Bolo, con degustacións e un grande banquete onde podes comer caldo, grelos, lacón, cordeiro e bica.

Non te perdas a procesión ritual que percorre as rúas acompañando o folión, unha comparsa que toca con estranos instrumentos.

4. O Botelo

O prato máis madrugador é o botelo, xa que  a súa festa celébrase a finais de Xaneiro, anticipando as delicias do entroido.

O botelo é un embutido de cerdo, de curación curta e un manxar moi cotizado. En comida acompáñase de repolo, chourizo, patacas e un bo viño tinto.

Pódese chamar tamén, Bitelo ou Butelo. A festa do Botelo ten lugar nó Barco de Valdeorras na provincia de Ourense.

A comida galega conta coa súa propia biblia. Diccionario da comida Galega

 

Repostería típica: o máis doce do Entroido galego

1. Orellas 

Non hai entroido sen orellas, un postre delicioso é moi doado de facer. Ingredientes simples que se poden atopar nas despensas de calquera casa. Fariña, ovos e manteiga, raiadura de laranxa e limón, esencia de anís e aceite. 

Este postre é un dós máis típicos do entroido galego, polo tanto o ser un doce de tanta tradición ten tantas recetas coma fogares nos que se fai, xa que cada un engade ós ingredientes anteriores outros da súa colleita.

De feito, é un postre que sempre gusta.

2. Filloas

Outro dos postres típicos por excelencia no entroido galego. Tanto que ten festa propia: A festa da Filloa de Lestedo, na comarca dó Ulla.

As filloas son unha especie de crepes, pero moito máis finas. Tómanse solas ou con mel ainda que nalgunhas zonas de Galicia tamén son típicas as filloas saladas.

A festa de Lestedo celébrase o Domingo seguinte ó Martes de Entroido. Nesta festa podes degustar as tradicionais filloas á pedra nunha pedra plana e quente.

Non perdas o prato forte desta festa: O atranque do Xenerais da Ulla, unha especie de disputa dialéctica entre os xenerais, persoaxes que representan o entroido, que satirizan a actualidade política e social.

Entroido, antroido ou carnaval? Descubre o que recolle a Real Academia Galega sobre o nome desta festa na Galiza

 

3. Bica de Trives / Bica de Laza

Un postre típico do entroido tamén, e que dan ganas de comelo a calquera hora dó día: no almorzo, na sobremesa, á hora de merenda e incluso pola noite. Outra bica moi famosa destas datas é a “Bica de Laza” moi parecida a de Trives.

A bica de Laza ou tamén chamada bica blanca faise con claras de ovo e nata entre outros ingredientes e a bica de Trives leva ovos e manteiga de vaca.

4. Roscas fritas de anís

As roscas fritas son unha ledicia para o corpo. Perfectas para acompañar cun chupito de licor café, son ideales para empezar ben a sobremesa. Tómanse durante todo o ano pero especialmente no período do entroido.

Está ben claro que o entroido non é para facer dieta, co frío apetece meter calorías ó corpo. Na Galiza, temos unha gastronomía do máis variada tanto en doce como en salgado. Así que, toma boa nota e fai acopio disfrutando destes exquisitos pratos.

 

¿Queres facer unha escapada gastronómica? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020