Datas do Entroido 2020 na Galiza: Cando son os mellores días?

Datas do Entroido 2020 na Galiza: Cando son os mellores días?
Entroido 2020 na Galiza: coñece as datas do entroido na Galiza e descobre os mellores días do entroido galego para desfrutar desta festividade tan sinalada no calendario

Datas clave do Entroido 2020 na Galiza: boa parte dos galegos e galegas xa pensan na seguinte festa grande unha vez superado o Nadal. E esa festa non é outra que o Entroido.

As comarcas de Ourense son sen dúbida o epicentro da celebración desta festa, aínda que poucos puntos da xeografía galega resístense a gozar dunha festa desinhibida, chea de cor e de ritmo.

Entroido, antroido ou carnaval? Descobre o que recolle a Real Academia Galega sobre o nome desta festa en Galiza

 

Pero para aproveitar cada unha das oportunidades de troula que deixa o entroido, é importante ter claras as citas máis importantes, dese modo ningunha quedará sen coñecelas.

Tampouco está mal ter claro cales son aqueles entroidos que non debes perderte. Para axudarte a organizar a túa axenda de festeiro, recompilamos as datas chave do calendario do Entroido 2020 na Galiza.

 

O disfrace, ao gusto, pero sempre obrigatorio

Para poder celebrar o entroido como é debido convén ir desfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de divertirse.

Sen disfrace un corre o risco de sufrir uns golpes de fusta; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha rolda de viños. É a lei.

Entroido en Galiza: A mascarada galega chega a Bulgaria da man do entroido de Samede

 

Entroidos galegos de Interese Turístico

Na Galiza temos nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:

  • Un é Festa de Interese Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)
  • Outro é Festa de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns).

Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico:

  • Entroido de Cobres (coas Madamas e os Galáns)
  • Entroido de Laza (co seu Peliqueiros)
  • Entroido de Viana do Bolo (no que o persoaxe central é o Boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla)
  • Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas máscaras)
  • Xenerais do Ulla
  • Entroido de Maceda (cos Felos)
  • Entroido de Vilariño de Conso (co Boteiro como persoaxe estrela).
Descobre o entroido galego: Un estudo sobre o entroido ourensán, premio Risco de ciencias sociais

 

Datas clave do entroido 2020 na Galiza

O entroido é unha das celebracións máis esperadas do ano. Este ano 2020, o calendario de entroido galego sitúase da seguinte maneira:

Venres día 21 de Febreiro

Datas sinaladas --> Do 22 ata ó 25 de febreiro.

O días 22 e 23 de Febreiro, celébrase o Sábado e o Domingo de Entroido respectivamente. 

O Sábado de Entroido é o día que máis xente reúne por las rúas para celebrar estas festas, é que nalgunha localidade hai unha festa especial para esta data.

24 de Febreiro é Luns de entroido

25 de Febreiro, Martes de entroido, día que marca o fin dá celebración desta festa.

Ainda así, falta falar dó Mércores de Cinza, que este ano celébrase o 26 de Febreiro, có “Enterro da Sardiña”.

Datas oficiais do Entroido galego 2020

Vamos de seguido, coas datas oficiais, que marcarán este Entroido 2020:

  • 22 de Febreiro, Sábado de Entroido
  • 23 de Febreiro, Domingo de Entroido
  • 24 de Febreiro, Luns de Entroido
  • 25 de Febreiro, Martes de Entroido (Festivo nalgunhas localidades)
  • 26 de Febreiro, Mércores de Cinza
O entroido, cita chave do calendario festivo: A infinita riqueza do entroido galego

 

Entroido Galiza 2020: Unha das principais festas do ano

As celebracións do entroido ao longo da Galiza datan dó século XVIII e son das mais tradicionais e famosas da península.

Galiza foi unha dás poucas comunidades onde esta festa, continuouse a celebrar nas épocas da súa prohibición.

O entroido galego non defrauda a ninguén,  pois ademáis de ser un dos mais festeiros, o elemento gastronómico tamén ten moito que decir, con destacados pratos e postres típicos da época.

Se falamos na anterior pasaxe sobre o período de duración e as datas relacionadas co entroido, nada ten que ver o que imos contar de seguido sobre o entroido máis longo da Galiza.

O entroido máis longo da Galiza, en Ourense

Tes pensado moverte en coche no entroido? Descobre os radares da DXT en Galiza

 

Entroido en Xinzo de Limia

O entroido dura un mes na localidade de Xinzo de Limia, sendo o máis longo de todos. Tanto en Xinzo como na localidade veciña de Verín, estas son festas recoñecidas de Interese Turístico Nacional.

  • 1 de Febreiro
    • Comeza en Xinzo de Limia o entroido có Sábado do Petardazo, que celébrase na Plaza cara as doce dá noite, cunha conta atrás, dada polo reloxo dó concello.
  • 2 de Febreiro
    • Ten lugar unha das festas máis coñecidas, chamada “Domingo Fareleiro”, que é a gran festa dá Farelada.
  • Sábado 8 de Febreiro
    • “Colgamento do Meco” é unha celebración que consiste en colocar un Meco ná Plaza Maior, 
  • Domingo 9 de Febreiro
    • Domingo Oleiro, unha festa que consiste en pasarse olas de barro, duns a outros. Se a ola se lle cae a alguén, este deberá pagar unha ronda de viños. As olas están cheas de fariña ou auga.
    • Tamén existe o Oleiro Infantil, coa saída ás 12:30 dó Museo Galego do Entroido e a chegada as 13:00 horas á Praza Maior.

A seguinte fin de semana, chega có Sábado corredoiro ou noite fémina o día 15 de Febreiro, que son ceas colectivas de mulleres, sen a presencia de homes, que deberán disfrazarse de mulleres para sairen da casa.

  • 16 de Febreiro
    • Domingo Corredoiro, o primer domingo no que as Pantallas saen a rúa.
  • 26 de febreiro
    • Culmina o entroido có enterro da Sardiña, unha procesión para despedir estos festexos. 
  • 1 de Marzo
    • Celébrase un desfile de carrozas e comparsas para dar por rematado o Entroido.
O entroido en Galiza case sempre coincide co frío. Descobre os 5 pratos tradicionais galegos para combatir o inverno

 

Entroido en Verín

En Verín son os cigarróns, as persoaxes que da mesma forma que as pantallas, dás que falamos antes, perseguen os veciños de Verín.

Os festexos comenzan o Xoves de Compadres, destacamos o Sábado e o Domingo de Corredoira, o Xoves de Comadres, Venres de Compadreo, e o Sábado o día dó “Bautizo dó Cigarrón”. O Domingo de Entroido, o día forte, celébrase o desfile para rematar có Luns Fareleiro e o Martes de entroido.  

Pero aínda non será ata o último fin de semana cando todo remate en Verín co Sábado e O Domingo de Piñata.

O entroido, cómese: A gastronomía é sen dúbida un dos principais eventos a ter en conta nesta festa