Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse

Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse
Facer turismo rural na Galiza é equivalente a coñecer paraxes e lugares únicos. Descobre qué podes visitar.

Facer unha escapada rural na Galiza xa é todo un pracer, pero completala cunha visita pola nosa xeografía… convértese nunha experiencia extraordinaria.

A nosa terra está chea de lugares únicos cun encanto especial que de seguro sorprenderán. Fervenzas, mar, hórreos, ríos, castros, montañas… descobre todo o que a Galiza máis natural ten para ofrecerte.

Goza do turismo rural na Galiza profunda

Galiza é un destino ideal para calquera, con lugares e actividades que realizar para todos os gustos, tanto se che gusta a arte e a cultura, coma se preferimos vivir a aventura en plena natureza salvaxe.

Un dos atractivos máis destacados de Galiza é a súa contorna natural, dunha riqueza sorprendente, que vai dende escarpados cantís e praias cristalinas ata montañas e bosques dunha intensa cor verde, ideal para aloxarnos nunha casa rural na Galiza se o que queremos é desconectar durante uns días.

¿Queres facer unha escapada rural en Galiza? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020


Para poder coñecer de primeira man algunhas desas paisaxes máxicas que atesoura a nosa terra, que mellor que comezar con 7 lugares idílicos para perderse e relaxarse en solitario, coa familia ou amigos.

 

1. Fervenza do Ézaro

O río Ézaro é famoso internacionalmente por ser o único en Europa que desemboca directamente no océano, en forma dunha incríbel fervenza. Sen dúbida, este espectáculo natural que nos ofrece a marabillosa Costa Da Morte, máis concretamente no pequeno concello de Dumbría, convértese practicamente nun lugar de peregrinación para calqueira apaixoado da natureza.

O que fai destacar a este punto de interese galego o salto de auga que realiza o río Xallas, duns 40 metros de altura, e que bordea as formacións graníticas que orixina o Monte Pindo até acabar desembocando no Atlántico, algo único pois non é moi común atopar fervenzas tan caudalosas que desemboquen nas augas do océano.

A fervenza pode verse todos os días do ano e, aínda que no inverno (sobre todo nos días máis chuviosos) é cando o caudal do río é maior, recomendámoste visitala no verán. É na época estival cando, ademais de gozar dos mellores días de sol, poderás vela coa iluminación artificial.

Luz e auga fúndense para ofrecer un espectáculo inesquecíbel a quen teñen o privilexio de poder gozar dela. Se tedes a posibilidade de ir a última hora da tarde, cando o sol empeza a esconder, gozaredes dun atardecer no que o sol  vai pousando no mar ofrecendo unhas vistas espectaculares.

¿Queres estar ó tanto do Medio Rural galego? Consulta as novidades

2. Parque Natural do Río Barosa

O Parque Natural do Río Barosa atópase situado dentro do municipio de Barro, caracterizándose por ser un lugar que foi cobrando ao longo do tempo unha especial importancia a nivel turístico pola súa espectacular estampa de natureza mesturada cun conxunto de muíños hidráulicos.

Conforme nos adentramos na súa paisaxe, atoparémonos cun espectacular salto de auga duns 60 metros de desnivel, procedente do río Agras, ademáis dun conxunto de 14 muíños hidráulicos que percorren o curso do río e que dotan este espazo natural dun gran encanto.

Precisamente nese conxunto de muíños confórmase unha ruta pedestre excelente, chea de natureza virxe e de paisaxes espectaculares, digna de facer en calqueira época do ano dada a súa beleza.

3. Pallozas de Piornedo

A aldea de Piornedo está considerada como un asentamento prerrománico, un dos enclaves típicos por excelencia da Serra dos Ancares e declarado como Conxunto Histórico Artístico, conservando a día de hoxe o seu aspecto medieval nas súas rúas, edificacións e, sobre todo, nas súas famosas pallozas.

En Piornedo atopámonos cunha das maiores concentracións de pallozas desta área. De orixe celta, estas construcións ovaladas de pedra e palla, típicas da zona, utilizábanse antigamente como vivenda e cortello.

Na actualidade, Piornedo conta cunhas 14 pallozas perfectamente conservadas, das cales algunha se utiliza como museo para dar cabida as numerosas visitas que recibe esta peculiar aldea ó longo do ano.

¿Estás ao tanto da situación do rural en Galiza? O rural pide mudanzas para o 2020

4. Serra da Capelada

Nos concellos de Cedeira, Ortigueira e Cariño atopamos a Serra da Capelada, que conta cun dos cantís máis altos de Europa. Para chegar até el hai que seguir un camiño entre un bosque de eucalipto e logo unha pista forestal que deixa nun miradoiro, onde se pode admirar a grandeza destes cantís de 620 metros de caída ao mar cunha pendente de máis de 80%.

Outro lugar que non se pode deixar de ver nesta serra, é o santuario do Santo Andrés de Teixido, clave no turismo galego, pois hai un dito que conta que: “quen non vai de morto, vai de vivo” e, se queredes seguir coa tradición do lugar, non poderedes abandonalo sen poñer unha pedra no milladoiro de pedras destinado para as e os visitantes.

“A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”

Ademáis, a propia Serra da Capelada, atópase no epicentro dunha ruta marabillosa marcada e transitada polos amantes da natureza, que vai dende Cedeira até o propio pobo de San Andrés de Teixido e que conforma un camiño espectacular obrigado para calquer persoa que busque rutas de sendeirismo en Galiza.

5. Parque Natural das Fragas do Eume

Con máis de 9 mil hectáreas de espesos montes e abruptas ladeiras que acompañan ao río Eume, o Parque Natural das Fragas de Eume é un dos últimos grandes bosques autóctonos que quedan en Europa.

Carballos, chopos, freixos, amieiros, máis de 20 especies de fentos e 200 de liques dánse aquí. Ás veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz. Pero este bosque sombrío e secreto é xeneroso coma as súas augas, fontes e fervenzas.

Percorrendo este agasallo natural, en pleno corazón do bosque, atópase o Mosteiro de Caaveiro, unha antiga abadía con máis de dez séculos de historia e unhas vistas espectaculares a toda esta natureza. Todo un monumento de arte románico en plena natureza con vistas panorámicas ás frondosas e ao ceo.

6. Serra do Courel

Esta cordilleira montañosa esténdese polos municipios de Folgoso do Courel, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

Ao longo das súas 21 hectáreas podemos atopar un dos ecosistemas máis impresionantes da Península, o río Lor e os seus afluentes que forman espectaculares vales, a súa fauna variada e a súa flora, na que se atopan tanto a paisaxe mediterránea como o atlántico.

A capa vexetal do lugar, moi abundante e rica, aparece cuberta de breixos e carballos, e nas zonas altas podemos ver bosques de aciñeiras e outras árbores autóctonas. Os vales están rodeados de montes de castiñeiros. No Courel destacan tamén devesas como a da Rogueira, unha reserva botánica das máis fermosas e ricas da Galiza.

Como non podía ser doutra forma, na Serra do Courel tamén poderás atopar rutas de sendeirismo para facer en calqueira época do ano.

7. Cañón do Río Sil

Os canóns do río Sil conforman unha das paisaxes máis valoradas dentro da Ribeira Sacra. Esta garganta de orixe tectónico e cunha superficie de case seis mil hectáreas, está formada pola erosión do río Sil ata a desembocadura do Miño nos Peares.

Unha fantástica forma de coñecer esta zona galega é a través dos diferentes roteiros en catamarán que nos ofrece, algo que converterá esta experiencia nun recordo inesquecible pola súa beleza.

Ademáis, é un destino perfecto para a gastronomía da zona, xa que na contorna dos cañóns do Río Sil atópanse numerosos restaurantes onde poder degustar pratos típicos da zona, así coma os mellores viños, chegados directamente dos viñedos situados nas beiras do propio Río Sil.