5 pratos tradicionais galegos para gozar en inverno

5 pratos tradicionais galegos para desfrutar en inverno
Gastronomía galega: descobre os 5 pratos esenciais que debes probar para combatir o inverno en Galiza da maneira máis saudable e exquisita

5 pratos tradicionais en Galiza para comer no inverno. O mellor da gastronomía galega na túa mesa para gozar en familia ou con amigos.

Co frío chega a calor do lume na cociña, os pratos de culler consistentes e os sabores intensos que evocan os mellores sentidos. E para ser o rei dos fogóns imos dar un decálogo de 5 pratos galegos que conseguirán que entres en calor e ademais, goces dos mellores alimentos da Galiza.

¿Onde comer os mellores pratos tradicionais galegos? Descobre estes 7 lugares

 

Déixate levar polos sentidos e enche o estómago cos 5 pratos máis representativos da gastronomía galega invernal. Facemos un repaso polos pratos típicos desta terra que non podes deixar de probar. Bo proveito!

 

1. Caldo galego

O caldo galego é o rei de todos os pratos de culler na Galiza. Componse de patacas, verza, grelos, fabas brancas, chourizo e graxa de porco, polo que está claro que a achega calórica de cada ración está garantido.

Engadir lacón ou touciño é opcional, pero dá aínda máis sabor ao prato. Dependendo da zona xeográfica onde se faga, o caldo levará ingredientes diferentes, aínda que sempre dentro duns parámetros tradicionais.

O truco está en facernos cos ingredientes da máxima calidade (algo que non será difícil na nosa terra), deixar as fabas a remollo desde o día anterior e cociñar todos os ingredientes a lume lento. Despois podes decidir se o comes recentemente feito ou se lle deixas que colla fondo cunhas horas de repouso, que pode estenderse a un día enteiro. O éxito está garantido.

¿Queres facer unha escapada gastronómica? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020

 

2. Lacón con grelos

Un clásico coma o lacón con grelos non podía faltar nesta lista. Quizá o lacón con grelos sexa o prato menos estacional desta lista, xa que tamén se goza en verán máis frecuentemente que, por exemplo, os callos.

Pero no inverno esta receita faise indispensábel en calquera casa galega. E é que dous ingredientes tan aparentemente sinxelos crean unha combinación deliciosa e aberta a unha infinidade de interpretacións.

Cando se fala de lacón con grelos, sempre hai que pensar nas mellores materias primas para que este prato cumpra coas expectativas de calquer comensal. Por iso sempre é fundamental contar cun produto de calidade que garanta un prato de exquisito sabor e cos mellores nutrintes.

A comida galega conta coa súa propia biblia. Diccionario da comida Galega

 

3. Cocido

Pódese decir sen temor a equivocación que o prato estrela desta lista é o cocido galego. Todas as partes do porco que poidas imaxinar xuntas, dende longaniza e chourizo de cebolas ou lacón e orella ata o rabo. E se fai falla, tamén pode incluirse vaca ou polo para darlle todavía máis sabor.

Por se isto fose pouco, engadímoslle pataca, verza e garavanzos. Ademais, despois de comer toda a enxunlla, non te esquezas de tomar unha boa ración de caldo. O resultado, o menú ideal para as comidas do domingo en familia... e de calqueira outro día!

Á parte da elaboración, no cocido cobra especial relevancia o procedemento á hora de cociñar. Débense manter os grelos e as patacas sempre quentes e débese rematar a comida cunha boa cunca de caldo do cocido. Outro dos manxares deste prato é facer unhas filloas co seu caldo e engadilas ao banquete como acompañamento dos chourizos.

¿Coñeces as novas gastronómicas? Consulta a nosa sección de gastronomía

 

4. Callos

Os pratos de culler son as receitas estrela desta época. A mellor forma de gozalos sen dúbida é ben quentes, xa que faran reactivar a nosa temperatura en pouco tempo. Pero ademais no caso concreto dos callos galegos, ese delicioso punto de picante que inclúe a preparación tradicional tamén contribúe a entrar en calor.

A isto súmase a importante achega calórica do guiso -que inclúe tripa e pata de vaca, chourizo e garavanzos como base- garante que a túa temperatura suba e plánteslle cara ao frío invernal. 

O sabor que garante un bo prato de callos é inesquecible, pero non só cando se fan na casa, senón que os callos considéranse sempre como un dos pratos máis recorrentes nos bares galegos á hora de poñer unha tapa, sobre todo nos meses invernais. Se coñeces un bar onde poña unha boa tapa de callos, non o abandonarás xamáis.

¿Aínda non coñeces a "Banda sonora da gastronomía galega"?

 

5. Caldeirada de pescada

Unha boa pescada de petisco, patacas galegas e pemento da mellor calidade. Son os únicos ingredientes necesarios para un prato rico, san e moi da terra. Como noutros casos, canto mellor sexa a materia prima, mellor será o resultado final porque este guiso de tradición mariñeira, neste caso, é máis sinxelo.

Algunha variante da receita permite utilizar outros peixes das nosas rías e converter a caldeirada de pescada nunha caldeirada de peixes ou mariscos en toda regra.

A salsa, feita na maior parte dos casos coa coñecidísima allada, ten un sabor exquisito e bríndalle un toque caseiro que conquista calquer paladar.