Datas clave do Entroido 2020 na Galiza: boa parte dos galegos e galegas xa pensan na seguinte festa grande unha vez superado o Nadal. E esa festa non é outra que o Entroido.
As comarcas de Ourense son sen dúbida o epicentro da celebración desta festa, aínda que poucos puntos da xeografía galega resístense a gozar dunha festa desinhibida, chea de cor e de ritmo.
Pero para aproveitar cada unha das oportunidades de troula que deixa o entroido, é importante ter claras as citas máis importantes, dese modo ningunha quedará sen coñecelas.
Tampouco está mal ter claro cales son aqueles entroidos que non debes perderte. Para axudarte a organizar a túa axenda de festeiro, recompilamos as datas chave do calendario do Entroido 2020 na Galiza.
2.- Datas clave do entroido 2020 na Galiza
3.- Entroido Galiza 2020: Unha das principais festas do ano
O disfrace, ao gusto, pero sempre obrigatorio
Para poder celebrar o entroido como é debido convén ir desfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de divertirse.
Sen disfrace un corre o risco de sufrir uns golpes de fusta; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha rolda de viños. É a lei.
Entroidos galegos de Interese Turístico
Na Galiza temos nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
- Un é Festa de Interese Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)
- Outro é Festa de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns).
Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico:
- Entroido de Cobres (coas Madamas e os Galáns)
- Entroido de Laza (co seu Peliqueiros)
- Entroido de Viana do Bolo (no que o persoaxe central é o Boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla)
- Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas máscaras)
- Xenerais do Ulla
- Entroido de Maceda (cos Felos)
- Entroido de Vilariño de Conso (co Boteiro como persoaxe estrela).
Datas clave do entroido 2020 na Galiza
O entroido é unha das celebracións máis esperadas do ano. Este ano 2020, o calendario de entroido galego sitúase da seguinte maneira:
Venres día 21 de Febreiro
Datas sinaladas --> Do 22 ata ó 25 de febreiro.
O días 22 e 23 de Febreiro, celébrase o Sábado e o Domingo de Entroido respectivamente.
O Sábado de Entroido é o día que máis xente reúne por las rúas para celebrar estas festas, é que nalgunha localidade hai unha festa especial para esta data.
24 de Febreiro é Luns de entroido
25 de Febreiro, Martes de entroido, día que marca o fin dá celebración desta festa.
Ainda así, falta falar dó Mércores de Cinza, que este ano celébrase o 26 de Febreiro, có “Enterro da Sardiña”.
Datas oficiais do Entroido galego 2020
Vamos de seguido, coas datas oficiais, que marcarán este Entroido 2020:
- 22 de Febreiro, Sábado de Entroido
- 23 de Febreiro, Domingo de Entroido
- 24 de Febreiro, Luns de Entroido
- 25 de Febreiro, Martes de Entroido (Festivo nalgunhas localidades)
- 26 de Febreiro, Mércores de Cinza
Entroido Galiza 2020: Unha das principais festas do ano
As celebracións do entroido ao longo da Galiza datan dó século XVIII e son das mais tradicionais e famosas da península.
Galiza foi unha dás poucas comunidades onde esta festa, continuouse a celebrar nas épocas da súa prohibición.
O entroido galego non defrauda a ninguén, pois ademáis de ser un dos mais festeiros, o elemento gastronómico tamén ten moito que decir, con destacados pratos e postres típicos da época.
Se falamos na anterior pasaxe sobre o período de duración e as datas relacionadas co entroido, nada ten que ver o que imos contar de seguido sobre o entroido máis longo da Galiza.
O entroido máis longo da Galiza, en Ourense
Entroido en Xinzo de Limia
O entroido dura un mes na localidade de Xinzo de Limia, sendo o máis longo de todos. Tanto en Xinzo como na localidade veciña de Verín, estas son festas recoñecidas de Interese Turístico Nacional.
- 1 de Febreiro
- Comeza en Xinzo de Limia o entroido có Sábado do Petardazo, que celébrase na Plaza cara as doce dá noite, cunha conta atrás, dada polo reloxo dó concello.
- 2 de Febreiro
- Ten lugar unha das festas máis coñecidas, chamada “Domingo Fareleiro”, que é a gran festa dá Farelada.
- Sábado 8 de Febreiro
- “Colgamento do Meco” é unha celebración que consiste en colocar un Meco ná Plaza Maior,
- Domingo 9 de Febreiro
- Domingo Oleiro, unha festa que consiste en pasarse olas de barro, duns a outros. Se a ola se lle cae a alguén, este deberá pagar unha ronda de viños. As olas están cheas de fariña ou auga.
- Tamén existe o Oleiro Infantil, coa saída ás 12:30 dó Museo Galego do Entroido e a chegada as 13:00 horas á Praza Maior.
A seguinte fin de semana, chega có Sábado corredoiro ou noite fémina o día 15 de Febreiro, que son ceas colectivas de mulleres, sen a presencia de homes, que deberán disfrazarse de mulleres para sairen da casa.
- 16 de Febreiro
- Domingo Corredoiro, o primer domingo no que as Pantallas saen a rúa.
- 26 de febreiro
- Culmina o entroido có enterro da Sardiña, unha procesión para despedir estos festexos.
- 1 de Marzo
- Celébrase un desfile de carrozas e comparsas para dar por rematado o Entroido.
Entroido en Verín
En Verín son os cigarróns, as persoaxes que da mesma forma que as pantallas, dás que falamos antes, perseguen os veciños de Verín.
Os festexos comenzan o Xoves de Compadres, destacamos o Sábado e o Domingo de Corredoira, o Xoves de Comadres, Venres de Compadreo, e o Sábado o día dó “Bautizo dó Cigarrón”. O Domingo de Entroido, o día forte, celébrase o desfile para rematar có Luns Fareleiro e o Martes de entroido.
Pero aínda non será ata o último fin de semana cando todo remate en Verín co Sábado e O Domingo de Piñata.