Entroido na Galiza 2020: Ruta polos entroidos galegos máis salientábeis

Entroido na Galiza 2020: Ruta polos entroidos galegos máis salientábeis

Entroido galego 2020: Descubre os mellores lugares onde celebrar o entroido na Galiza coas festas máis características

Os mellores lugares onde celebrar o entroido na Galiza están cheos de encanto e tradición, toma nota e non esquezas ninguna das vilas que imos nomear.

Son moitos os recunchos onde o entroido é todo un acontecemento. Milleiros de turistas e visitantes participan dunhas festas, que actualmente gozan de moi boa saude.

Datas do Entroido 2020 na Galiza: Cando son os mellores días?

 

Pódese dicir, sen temor a equivocarse, que a provincia de Ourense é a gran dominadora do entroido na Galiza, e onde teñen lugar os máis célebres festexos, moitos deles, recoñecidos como de Interese Turístico.

Xinzo, Verín e Laza forman o triángulo máxico do entroido na provincia ourensana, pero hai vida máis aló, no resto da Galiza, onde tamén se vive o entroido de diferentes maneiras.

Os mellores lugares onde celebrar o Entroido en Ourense

Entroido en Xinzo

Nesta localidade teñen lugar os festexos máis longos de toda Galiza. Xinzo está considerada coma Festa de Interese Turístico Internacional

  • Os festexos dan comezo co "Sábado de petardazo" e seguen co "Domingo Fareleiro", onde os xogos e as pelexas con fariña fan a ledicia dos participantes.
  • "Domingo Oleiro", é a segunda cita dominical do entroido desta vila, onde ten lugar na praza maior, o xogo das olas, que consiste en lanzar o ar unha ola de barro, que non pode caer o chan.
  • Se iso acontece, terás que pagar unha ronda de viño, segundo conta a tradición.
  • O seguinte é o "Domingo Corredoiro", onde as Pantallas (máscaras típicas deste municipio) son as protagonistas, saíndo as rúas en procesión.
  • O "Domingo de Piñata", pecha o Entroido, poñendo fin a estas 5 longas semanas de troula. 

Entroido en Verín

O entroido de Verín tamén está considerada como Festa de Interese Turístico.

  • Comeza, tras a primeira saída dos Cigarróns (figuras típicas de Verín), co “Xoves de Compadres”, onde como é tradición, despois da cea nos restaurantes, os “compadres” percorren as rúas ataviados con bigotes, sombreiros e gabardiñas para rematar a procesión, na Praza Maior ónde se celebra o xuízo e queima do “Maragato”.
  • A festa continúa co “Xoves de Comadres”, unha saída nocturna que, orixinariamente, só estaba permitida as mulleres.
  • O Entroido nesta vila é menos duradeiro que en Xinzo de Limia, ainda que, son dúas semanas cheas de desfiles, verbenas e vistosos actos coma: O Entroidante ou O Bautizo do Cigarrón.

E falando de Cigarróns, non te perdas o desfile, onde son os verdadeiros protagonistas, cos seus bailes e carreiras. 

5 pratos típicos para desfrutar en Inverno: Descobre a gastronomía galega

 

Entroido en Laza

O Entroido en Laza, para completar o trío ourensán, é considerado tamén coma Festa de Interese Turístico. Esta vila pode presumir de celebrar unhas festas tradicionais e xenuínamente galegas.

  • O seu protagonista é o “Peliqueiro”. Esta figura típica, leva unha máscara que, xunto co traxe, pode chegar a pesar uns 25 kg. 
  • O "Domingo de Entroido" é cando os peliqueiros fan a súa aparición, chegando a reunirse até 150 peliqueiros.
  • Un dos días grandes é o Luns Borralleiro, ou “Día da borralheira”, onde pola mañá celébrase a “farrapada”, unha batalla campal de trapos untados en barro, e pola tarde, na “Baixada da Morena”, os rapaces máis novos, pegan con toxos a todo o que se cruce no seu camiño, tamén cargan sacos con terra e levan formigas, que tiran a toda a xente que esté preto. Un acontecemento máis que espectacular que atrae a milleiros de turistas e visitantes cada ano.

Entroido en Viana do Bolo

O entroido nesta localidade é un dos máis antigos e tradicionais de Galiza, é catalogado coma festa de Interese Turístico.

  • Os seus protagonistas son “Os Boteiros”, persoaxes típicos deste entroido, que danzan sen parar e abren paso a “Os Folións”. 
  • Os folións son grupos de entre 20-40 persoas, que a modo de comparsa, tocan instrumentos tradicionais como por exemplo: bombos e azadas, percorrendo as ruas do pobo.
Entroido na Galiza: Descubre a súa gastronomía máis característica

 

Entroido en Maceda

  • O “felos” son as figuras típicas, moi parecidos aos peliqueiros ou cigarróns e ainda que visten dun modo similar, o que distingue aos felos, son as medias negras, un rabo de raposo no alto da máscara, colares ao redor do pescozo e cinco chocas en vez de seis. 
  • Percorren as parroquias do concello de San Mamede o sábado e o domingo de entroido para que os veciños disfruten da súa compañía, mentres que no pobo, soan as charangas dende a tarde até a noite.

Entroido en Vilariño de Conso

Neste lugar podes disfrutar do entroido puro. A figura típica e "O Boteiro", que leva unha grande máscara. Mentres desfila, non para de saltar ou brincar, a o ritmo da musica.

Os boteiros  acompañan “Os folións”, grupos de veciños que por un día tocan instrumentos típicos dá zona.

O entroido de Vilariño de Conso é Festa de Interese Turístico. Non perdas o "Domingo Gordo", un dos días máis importantes, polo gran desfile de folións.

Entroido, antroido ou carnaval? Descobre o que recolle a Real Academia Galega sobre o nome desta festa na Galiza

 

Os mellores lugares onde celebrar o Entroido na Coruña, Lugo e Pontevedra

Se vives cerca destas tres provincias, tamén podes disfrutar e moito duns entroidos famosos polo seu ambiente, os seus rituais e as suas festas tradicionais.

Entroido de Lourenzá

Na mariña lucense temos o entroido de Lourenzá, famoso polo “Domingo de Piñata”. Unha festa recuperada fai 30 anos, que data de comezos do Século XX.

É famoso, o desfile de carrozas, no que participan os veciños da zona.

Entroido de Pontevedra

Se escolles, un entroido máis mundano, o de Pontevedra e unha boa mostra de cantos se celebran na Galiza. “O Loro Ravachol” é a grande festa de peche do entroido desta cidade, onde vai todo o mundo vestido de luto riguroso para acudir o enterro deste loro tan característico da cidade pontevedresa.

¿Queres facer unha escapada gastronómica? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020

 

Entroido de Cobres

Saindo da cidade do Lérez imos a Cobres, en Vilaboa, onde celébrase un dos entroidos máis elegantes da Galiza, unha festa de Interese Turístico

As persoaxes típicas  do entroido de Cobres son as Madamas e os Galáns, que percorren o municipio con custosos e espectaculares traxes acompañados dunha charanga levando a festa e o baile con eles.

O día grande é o Martes de entroido, non perdas os bailes que podes ver pola mañá e os xogos que teñen lugar pola tarde, onde participan veciños e turistas.

Entroido Choqueiro 

¿Coñeces “Os Choqueiros”? Estas figuras son típicas de Monte Alto, un barrio da cidade da Coruña.

Os homes van vestidos coas prendas máis chamativas que encontran pola sua casa para competir con outros disfraces, canto máis orixinais ou estrafalarios mellor.

¿Coñeces as novas gastronómicas? Consulta a nosa sección de gastronomía

 

Como podes comprobar, o entroido na Galiza, non só é festa, pois está cheo de tradición, conservación e coidado. 

Se queres vivir una boa experiencia, achégate a estas fermosas vilas, para disfrutar das súas celebracións, catalogadas coma Festas de Interese Turístico.