10 festas gastronómicas que non podes perder na Galiza en Febreiro

10 festas gastronómicas que non podes perder na Galiza en Febreiro
Onde comer na Galiza: Se non tes plans para as vindeiras semanas, bota unha ollada as dez festas gastronómicas de Febreiro que non podes perder

Festas gastronómicas na Galiza en Febreiro: aproveita e vén a degustar os mellores productos galegos nestas 10 festas gastronómicas en febreiro que non podes perder na Galiza.

Se de algo pode presumir a nosa terra é das numerosas romerías, troulas e festas, sobre todo, festas gastronómicas. A intensidade deste tipo de eventos é maior na época estival, pois a súa axenda non da reposo ningún fin de semana. Aínda así, o mes de febreiro é outra das épocas que máis troula ten na Galiza.

Datas do Entroido 2020 na Galiza: Cando son os mellores días?

 

Aquí traémosche unha pequena lista coas dez festas gastronómicas na Galiza a ter en conta no mes de Febreiro para desfrutar en familia ou con amigos:

 

Pero hai unha época do ano fora do verán onde os mellores productos galegos e os típicos desta tempada, teñen a súas festas gastronómicas. Ven con nós a coñecer as máis interesantes da nosa xeografía.

10 Festas Gastronómicas que non podes perder en Febreiro:

Festa do Lacón con Grelos

Un dos platos máis típicos de Galicia e propios desta época ten a súa festa. En Castrelos (Cambados) xa celebran este ano a súa novena segunda edición.

Os asistentes a este evento poderán degustar a partir das 14.00 horas un delicioso xantar preparado para a ocasión a base de lacón con grelos, pan, viño tinto ou auga, torradas, café e chopos de queimada e gozar dun ameno baile amenizado polo trío musical Mar D´Arousa.

Entroido na Galiza: Descubre a súa gastronomía máis característica e desfruta do entroido

 

Festa das Sopas de Allo

Esta festa ten lugar nó municipio de Vilamartín de Valdeorras, en Ourense. Non te perdas o desfile dós folións polo pobo. As 21 horas ten lugar una cea popular coas sopas de allo como protagonistas.

Festa do Chourizo

Unha festa de tradición que chega a súa décima octava edición este ano. A partir das 12 horas na Praza Xoan Carlos I do municipio de Vila de Cruces, a grande multitude de veciños e visitanes poderán degustar, entre outros productos, uns deliciosos chourizos pequenos, filloas e un excelente viño do país.

Entroido, antroido ou carnaval? Descubre o que recolle a Real Academia Galega sobre o nome desta festa en Galiza

 

Festa do Cabrito

O municipio ourensán de Vilariño de Conso celebra nestas datas, o acontecemento gastronómico máis importante do municipio, considerada como festa de Interese Turístico Galego. Entre os seus actos, además da gastronomía, poderás disfrutar do Desfile de Folións.

Festa do Mexilón

Un motivo de reunión para degustar productos do mar como mariscos e pescados, sendo o mexilón o protagonista desta festa e a materia prima principal para elaborar platos tan exquisitos como empanadas, pementos recheos croquetas, etc. Esta festa ten lugar en San Ciprián, no concello de Cervo en Lugo.

¿Onde comer os mellores pratos tradicionais galegos? Descobre estes 7 lugares

 

Festa da Androia

Esta festa celébrase en Viana do Bolo, con degustacións e un grande banquete onde pódese comer caldo, grelos, lacón, cordeiro e bica. Non te perdas a procesión ritual que percorre as rúas acompañando os Folións, unha comparsa que toca con estranos instrumentos.

Festa do Queixo

Outra festa declarada de Interese Turístico Galego que se celebra en Arzúa para disfrutar deste producto que é Denominación de Orixe desta localidade. Un evento onde os presentes ademáis de probar este exquisito lácteo, poderán disfrutar de grandes actuacións musicais ademáis dos actos programados.

¿Queres facer unha escapada gastronómica? Consulta o Calendario Laboral Galiza 2020

 

Festa da Filloa da Pedra

O municipio de A Baña acollerá durante os días 15 e 16 de Febreiro a celebración da Festa da Filloa da Pedra, xornadas nas que os presentes poderán degustar esta deliciosa sobremesa acompañada dun delicioso cocido galego e gozar cos actos lúdicos programados. 

Festa do Botelo

Esta feira celébrase cada ano na Fonsagrada (Lugo) a fin de semana anterior ao fin de semana de Entroido e a súa primeira edición data do ano 1998.

A festa, que ten as súas orixes no labor de conservar a carne de porco tras a matanza, goza de gran popularidade tanto no propio municipio da Fonsagrada como en municipios veciños.

¿Queres estar ao tanto das novas gastronómicas? Consulta a nosa sección de gastronomía

 

Festa da Orella

No municipio coruñés de Bergondo celébrase cada ano a Festa da Orella, un acontecemento gastronómico no que se rinde homenaxe a un dos doces máis típicos do entroido galego.

Nenos e maiores poderán gozar dunha gran xornada carnavalesca na que se celebrará unha nova edición da Festa da Orella.

A comida galega conta coa súa propia biblia. Diccionario da comida Galega

 

Estas son as propostas que temos para que disfrutes dun més cheo de festas, algunhas unidas o famoso “Entroido Galego”, que seguro farán do teu tempo de ocio, unha experiencia inesquecíbel.