Os obxectivos do congreso da UPG, o proceso Adiante en que está mergullado o BNG e a actualidade política -marcada pola inminencia das novas eleccións xerais- son os temas básicos sobre os que pivota a conversa.
Alén desta entrevista, o Sermos195 -nos pontos de venda habituais esta quinta feira, na loxa dixital xa este serán- emprestará unha especialísima atención á figura á que homenaxearemos o 17 de maio, Día das Letras Galegas, o grande poeta nacional galego Manuel María.