Documental sobre as protestas

Un barco, unha rotonda e unha loita veciñal polo futuro do barrio de Coia

O salón de actos do Cristo da Vitoria (Vigo) estrea nesta terza feira o documental 'O barco na rotonda. A historia de Diego', unha curtametraxe de Oliver Garvín que repasa as protestas da veciñanza de Coia contra a instalación do Bernardo Alfageme na rotonda da avenida de Castelao, a petición de prisión —logo retirada— para Diego Lores, un dos protagonistas, e todo o que aquilo supuxo.
Mobilización na rotonda de Coia, a comezos de 2015. (Foto: Asemblea Aberta de Coia)
photo_camera Mobilización na rotonda de Coia, a comezos de 2015. (Foto: Asemblea Aberta de Coia)
Comentarios