Os servizos de emerxencias tiveron que cortar a circulación na estrada OU-533, que une A Gudiña (comarca de Viana) e A Rúa (comarca de Valdeorras), debido a un derrubamento de terra e pedras sobre a calzada.
Segundo informou a Garda Civil, os feitos producíronse durante a última hora da xornada do sábado no quilómetro 34, á altura do termo municipal do Bolo.
Circulación
As pedras e a terra cortaron a circulación en ambos os carrís. Ante esta situación, desprazouse até o lugar unha patrulla da Garda Civil do Barco de Valdeorras, que realizou o desvío dos vehículos por unha pista de servizo. Tamén traballa no lugar persoal do servizo de mantemento de estradas.