Inauguración da liña que conecta Ourense con Madrid

Chega o AVE após tres décadas de "fuxida cara adiante" cos prazos

Tiveron que pasar polo Ministerio de Fomento sete persoas para que a chegada do AVE á Galiza tornase de quimera a realidade. Esta segunda feira as autoridades políticas protagonizaron a viaxe inaugural da liña entre Madrid e Ourense, nunha xornada festiva na que a cidadanía lembrou os compromisos pendentes co país en materia de infraestruturas ferroviarias, como a variante de Cerdedo ou a conexión con Portugal.
O presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez; o xefe do Estado, Felipe VI; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, nesta segunda feira, na viaxe inaugural do AVE Madrid-Ourense (Foto: Casa Real).
photo_camera O presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez; o xefe do Estado, Felipe VI; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, nesta segunda feira, na viaxe inaugural do AVE Madrid-Ourense (Foto: Casa Real).
Comentarios