Os casos activos da Covid-19 na Galiza incrementáronse en 11 entre a noite desta cuarta feira e onte, após detectarse 248 novos positivos na e rexistrarse 233 altas de doentes.
Asimesmo houbo catro falecementos deixando a cifra de vítimas mortais da pandemia no país en 705. Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade, os últimos pasamentos foron os dun varón de 89 anos e outro de 68.
O primeiro permanecía ingresado no Hospital Lucus Augusti, mentres que o segundo finado era atendido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).
Os informes aos que ten acceso a Xunta indican que os casos activos caeron nas áreas de Lugo (745, 27 menos); Ferrol (176 e seis menos que onte) e Compostela, que está nas 631 enfermas e enfermos, tras conseguir a alta catro persoas.
En concreto, dos 4.317 casos activos rexistrados en Galicia, 1.237 corresponden á área sanitaria da Coruña e Cee, pois houbo unha subida dun caso. Na demarcación de Pontevedra déronse outros 27 contaxios, sumando así 611 positivos activos.
En Ourense subiron en oito, polo que hai 511 pacientes e en Vigo 406 (unha ducia máis). Até onte á noite e desde a chegada do virus a principios de ano, curáronse na nazón 16.297 persoas, o que implica 233 máis que esta cuarta feira.
O número de PCR realizadas por Sanidade é de 416.411 fronte.