Alternativas ao Entroido na Galiza 2020: Descubre 4 plans alternativos

Alternativas ao Entroido na Galiza 2020: Descubre 4 plans alternativos

Entroido na Galiza: Se necesitas plans para saír fuxindo do Entroido, anota estas alternativas sen máscara e desfruta 

Alternativas ao Entroido na Galiza 2020. Se queres poñer de acordo a xente dispar, con gustos diferentes e criterios un tanto opostos, di a palabra 'festa' e todos contentos.

Disfrazarse ou non disfrazarse? Esa é a cuestión.

Se optas pola segunda, anota estes plans e divírtete estes días.

Non hai nada mellor que unha boa festa para afianzar lazos de amizade. Claro, que como en todo, hai excepcións e entre elas, a festa máis divertida do calendario... ou non, o entroido racha todos os esquemas.

Datas do Entroido 2020 na Galiza: Tanto se che gusta coma se non, consulta as datas do Entroido na Galiza 2020 e empeza cos plans

 

Seguidores e detractores pugnan, ano tras ano, por quen abandeira o sentido da festa. Uns con máscara e outros sen ela.

E é que o Entroido na Galiza 2020 non ten por que gustar a todo o mundo. A diversión non é só propiedade dos seguidores desta festa, pasalo ben é posíbel sen portar o correspondente disfrace.

Se este ano volves saír correndo en dirección oposta ao Entroido na Galiza 2020, faino, polo menos, co destino xa fixado. Moitas son as alternativas a esta primeira festa do ano. Se non che gusta, non sufras, non se acaba o mundo.

1. Escapada á natureza con nenos

Outro plan que non debes descartar durante o Entroido na Galiza 2020, é unha escapada á natureza en compaña dos máis pequenos. Isto sempre funciona. Tanto tempo libre, necesita de moitos plans.

O único que debes empezar a facer é ir cruzando os dedos para que o tempo acompañe... o de ir con paraugas non mola moito.

Moitos son os lugares onde poder escapar durante estes días, ademais, se curras, non hai problema, unha escapadiña rápida durante a fin de semana viravos moi ben a todos.

Un dos atractivos máis destacados de Galiza é a súa contorna natural, dunha riqueza sorprendente, que vai dende escarpados cantís e praias cristalinas até montañas e bosques dunha intensa cor verde, ideal para aloxarnos nunha casa rural na Galiza se o que queremos é desconectar durante uns días.

Algúns dos destinos máis recomendábeis para fuxir do entroido na Galiza poden ser os seguintes:

  1. Fervenza do Ézaro
  2. Parque Natural do Río Barosa
  3. Pallozas de Piornedo
  4. Serra da Capelada
  5. Parque Natural das Fragas do Eume
  6. Serra do Courel
  7. Cañón do Río Sil
Turismo rural na Galiza profunda: 7 lugares para perderse

 

2. Escapada rural para dous... ou non

A nosa seguinte proposta ten encanto e máis nesta época do ano. Se queres algo diferente, pon rumbo a unha casa rural, a estancia deixarache como novo. Se apostas pola natureza, esta é, sen dúbida, a mellor elección.

Unha escapada do máis natural para fuxir do mundanal ruído, das mareas de xente que desfrutan do Entroido na Galiza 2020 e recargar as pilas. Este plan promete e moito.

Descanso, desconexión, cheminea, boa compañía e a natureza ao redor... se che mola, anótao na túa axenda.

Vai á procura de con quen compartir a estancia, se o plan ten un toque romántico, tres son multitude, se este ano tampouco tes con quen ir a unha casa rural, sempre che quedan os amigos. O que non se conforma é porque non quere.

Entroido na Galiza 2020: Ruta polos entroidos galegos máis salientábeis

 

3. Roteiro gastronómico por Galiza 

Algo que nunca debe faltar nun bo plan é, sen dúbida, a gastronomía. Ademais, na Galiza cómese, moi pero que moi rico. Unha cociña para deleitarse.

A gastronomía galega non deixa indiferente a ninguén, os seus produtos de calidade e os seus singulares pratos fan que a peregrinación culinaria sexa todo un acontecemento.

Ve preparando a túa folla de roteiro. Como neste Entroido na Galiza 2020 vas ter bastante tempo libre, este plan é en grao sumo versátil.

En función da túa axenda de lecer, podes optar desde unha saída informal, tapas e picoteo... até unha boa cea. Deixa que a improvisación se encargue diso.

Entroido na Galiza: Descubre a súa gastronomía máis característica

 

4. Sendeirismo na Galiza

Por último, pero non por iso menos importante, un plan que se es dos que non para quieto, seguro vai gustar. Adóitase dicir que quen move as pernas, move o corazón.

Pois con esta proposta, poñeralo moi contento. Con tanto paraxe natural, Galiza é un moi bo lugar para activar o teu "modo sendeirismo". Apúntaste?

Dependendo do teu grao de experiencia, coa compañía que vaias, e como che atopes de ánimo ese día, deberás buscar un roteiro ou outro. Non te machuques moito, o importante é pasalo ben mentres se practica un pouquiño de deporte.

Lembra que son roteiros na natureza, e moitas delas requiren de preparación física e coñecementos de montaña, climatoloxía, orientación... Ten en conta sempre as túas capacidades, o tempo e as condicións do roteiro. Máis vale prever que curar.

 

Asociacións feministas na Galiza: movemento global pola igualdade