La Voz de Galicia nas súas diferentes plataformas (TV, papel, internet) está a “demonizar” os medios públicos galegos, a CRTVG, nunha actitude “carroñeira” que ten un obxectivo claro: “Sacar tallada go goberno da Xunta e aproveitarse dunha posíbel caída en desgraza ou mesmo peche da TVG”. Así de rotundo se manifestan traballador@s da canle pública no blogue 'Eu non manipulo'.
Desde este blog, que é o órgao de expresión do comité de empresa da TVG, @s traballador@s afirman que a raíz do acontecido en Canal 9, La Voz reitera a campaña de “mentiras” e “falacias”, con informacións e datos que “demonizan” as televisións públicas. 'Eu non manipulo' lamenta que no medio privado coruñés “denigren” a TVG cando, afirman “se nutre e sobrevive grazas a ela”. Como? “a través dos contratos que obtén da TVG, sobre todo en series de ficción”.
Silencio
Para est@s traballador@s, esa actitude de La Voz tería xa hai tempo que ser contestada desde a dirección do ente público, “mais non é así”.