Os '9 da Casa Cornide' serán xulgados o 18X por un delito de coaccións

Nove activistas da memoria histórica, militantes do BNG, accederon ao balcón da Casa Cornide o pasado 26 de setembro e desde el despregaron unha faixa co texto "Que nos devolvan o roubado. #FranquismoNuncaMais". Unha acción xemelga da toma do Pazo de Meirás e co mesmo fin: pedir a restitución ao patrimonio público dos bens espoliados durante a ditadura polo tirano, agora no poder dos seus herdeiros.

franquismo
photo_camera Un momento da acción simbólica
Comentarios