65,7 millóns da Xunta para residencias privadas

A Xunta orzou 65,7 millóns de euros en 2019 para concertar máis de 4.000 prazas residenciais para persoas maiores en centros que son propiedade de empresas privadas. Desta maneira, distintas corporacións acollen persoas cuxas prazas son financiadas entre a Xunta e a propia usuaria ou a súa familia. Ademais, das 49 residencias de maiores que son de titularidade da Administración galega, 22 están xestionadas por empresas privadas, con ánimo de lucro, con DomusVi á cabeza, ou de iniciativa social, como a Fundación San Rosendo. 
 
Entrada da residencia de DomusVi San Lázaro, en Santiago (Imaxe: Arxina)
photo_camera Entrada da residencia de DomusVi San Lázaro, en Santiago (Imaxe: Arxina)
Comentarios