Protestos diante de todos os hospitais da Galiza para o 8 de novembro e, nove días despois, unha mobilización nacional en Compostela. Son as accións contra o repagamento dos medicamentos que se acordaron este sábado na asemblea nacional realizada na Casa da Cultura de Riotorto e que foi convocada a instancias deste concello.
Representantes de máis de 150 concellos e colectivos xuntáronse para exixir que a Xunta non aplique esta medida a doentes cró[email protected] e o derrogamento por parte do Goberno español da resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia.
Contra o que consideran ''un imposto á enfermidade''
Sindicatos, forzas políticas, concellos --entre outros, San Sadurniño, Allariz, Monforte e Ribadeo--, colectivos veciñais, organizacións culturais, deportivas, feministas, de emigrantes [email protected], [email protected] polas preferentes...
[email protected] acordaron asinar un manifesto en que se recollen as principais reivindicacións, un texto en que sinalan que facer pagar a doentes cró[email protected] polos medicamentos, medida que cualifican de "imposto á enfermidade", sobarda "todas as liñas vermellas".
O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa (BNG), foi o primeiro en se declarar insubmiso fronte a esta norma, afirmando que o repagamento dos fármacos sairía das arcas municipais. Del partiu tamén a iniciativa de realizar esta asembleia nacional que serviu, segundo dixo, "para dar arranque a unha batalla social que non ten outro obxectivo máis que o de garantir a gratuidade da sanidade".