Yolanda Díaz pide ás forzas de esquerda na Galiza "camiñar xuntas" para "gañar" a Xunta

Puxo como exemplo a súa relación con Pedro Sánchez durante a pasada campaña electoral, con "proxectos distintos", mais sabendo "quen é o adversario".
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social do Estado español, Yolanda Díaz. (Foto: Fabián Simón Europa Press)
photo_camera A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social do Estado español, Yolanda Díaz. (Foto: Fabián Simón Europa Press)

A vicepresidenta segunda do Goberno español en funcións e líder de Sumar, Yolanza Díaz, fixo un chamamento ás forzas de esquerda na Galiza para "camiñar xuntas" e lograr o obxectivo de "gañar" a Xunta da Galiza.

Nunha entrevista en Cadena Ser Galicia este domingo, Díaz puxo como exemplo a súa relación con Pedro Sánchez durante a pasada campaña electoral, con "proxectos distintas", mais sabendo "quen é o adversario".

"A mensaxe que lanzo é que podemos gañar, que aínda que teñamos diferenzas lóxicas, camiñemos xuntas, que transmitamos aos galegos que a Xunta pode ser gañada", reivindicou.

Para Yolanda Díaz, Rueda "non ten proxecto para a Galiza", igual, dixo, "que non o tiña Núñez Feixoo". "Non hai proxecto de creación de emprego en comarcas que están abatidas, non hai comunicacións...", enumerou a tamén líder de Sumar.

Sumar

Precisamente, sobre esta formación na Galiza, a ferrolá sinalou que será Sumar Galiza quen "decida o que quere facer" de cara ás próximas eleccions galegas e xa avanzou que lanzará o seu proxecto durante os próximos días para "conformar un país mellor".

Cuestionada sobre se a actual portavoz de Sumar no Congreso, Marta Lois, será candidata neses comicios, Díaz evitou posicionarse, aínda que eloxiou o "traballo magnífico" que, na súa opinión, está a realizar a deputada galega na Cámara Baixa.

Comentarios