Susana Díaz renuncia a se poñer á fronte do PSOE

A andaluza fai ouvidos xordos ás peticións de varios baróns rexionais socialistas de que se presentase á secretaría xeral. Díaz afirma que agora o principal é centrarse en Andalucía, territorio que preside.

susanadiaz-10oct13

Susana Díaz non vai ser candidata a liderar o PSOE, unha decisión coa que dá ‘plantón’ a varios baróns socialistas que viñan estas semanas pedindo á presidenta andaluza que dese un paso á fronte e asumise esa responsabilidade. Díaz, segundo informa a SER, cadea que adiantou a nova, prefire centrarse na súa tarefa de presidenta de Andalucía.

Na entrevista nesa cadea Susana Díaz pide o PSOE que tome nota da lección do 25M e aproveitou para criticar a aquelas organizacións que “cuestionan a Constitución española”

A decisión de Díaz deixa a porta aberta a outras candidaturas. Euardo Madina e Pedro Sánchez son nomes que soan moito para dar ese paso. Porén, o único que manifestou claramente a súa intención de competir pola secretaría xeral do PSOE é Pérez Tapia, da corrente Izquierda Socialista.

Comentarios