Un sector de Anova considera que ir con IU ás europeas ''é incompatíbel'' con ter un proxecto propio

Militantes como Mario López Rico, Luis Eyré, Paula Verao, Laura Ogando, Concha Trigo ou Xabier Toba subscriben un documento que considera concorrer coa esquerda española un impedimento para "a consolidación de Anova como a organización da esquerda nacionalista do século XXI''.

[Imaxe arquivo, Anova]
photo_camera [Imaxe arquivo, Anova]

Ir con Izquierda Unida ás eleccións europeas de maio será o suicidio de Anova. Así o entende un sector desta organización, que aposta na opción de concorrer nesa cita con forzas da esquerda soberanista das nacións sen estado e/ou plataformas cívico políticas de esquerda e rupturista”. Membros da Coordenadora nacional e integrantes de Anova en diferentes comarcas asinan un documento, ao que tivo acceso Europa Press, e no que indican que ir á cita do 25 de maio con IU é “incompatíbel co proxecto estratéxico de Anova”.

Entenden que Esquerda Unida "non acepta reeditar AGE como candidatura exclusivamente galega, para non ir en competencia con IU"

Este grupo de militantes e cargos da organización nacionalista entende que a postura de ir con outras forzas soberanistas e plataformas da esquerda cidadá é máis “compatíbel” coa fronte ampla e “máis congruente” cos acordos asemblearios de Anova. Este domingo a militancia de Anova elexirá en referendo por cal das tres opcións para concorrer a Europa se decanta: ir con IU, non se presentar a estes comicios ou ben encadrarse nunha fronte con forzas soberanistas de esquerda e plataformas e/ou colectivos de esquerdas e rupturistas.

Ir con IU, “afastado dos principios de Anova”

Consideran os asinantes deste documento (entre os que están, entre outros, Luis Eyré, Paula Verao, Laura Ogando, Concha Trigo, Xabier Toba, Francisco Trigo ou Mario López Rico) que concorrer con Izquierda Unida en troques dun “posto seguro” é a vía “máis alonxada dos principios e modelo organizativo de partido-movemento”. Ademais, consideran, suporía “impedir a consolidación de Anova como a organización da esquerda nacionalista do século XXI”.

Defenden que a posición de ir con outras forzas soberanistas e plataformas da esquerda cidadá é máis “compatíbel” coa fronte ampla e “máis congruente” cos acordos asemblearios de Anova.

Acusan tamén os integrantes deste sector, ao que denominan 'oficialista' desde as outras correntes, que Esquerda Unida "non acepta reeditar AGE como candidatura exclusivamente galega para non ir en competencia con IU".

Esta grupo de militantes de Anova móstrase partidario de continuar “a tecer vencellos” en Galiza entre todas as forzas da esquerda, nacionalistas ou non, que poidan chegar a entendementos “para afrontar a grave situación do país”.

Comentarios