Rueda e Xácome queren plantar en Ourense 10.000 árbores que "chuchen a calor"

Presidente da Xunta e alcalde ourensán avalan o que cualifican como "experiencia piloto" para paliar as altas temperaturas na cidade.
alfonso rueda pérez xácome a xunta
photo_camera Rueda e Xácome na xuntanza en Ourense (Foto: Xunta)

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, reuniuse esta cuarta feira co alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Xácome, na rolda de contactos con rexedores das principais cidades galegas tras os comicios municipais.

Unha cita na que se trataron diversas cuestións, como proxecto do parque acuático para seguir consolidando Ourense coma referente termal ou ao acordo alcanzado para acordo para “desbloquear” o inicio da construción do Centro Integral de Saúde (CIS). Unha das cuestións tratadas na xuntanza foi un plan piloto para plantar 10.000 árbores na cidade.

Xácome avanzou que plantarán 10.000 árbores en rúas de Ourense: "Buscaremos árbores frondosas que chuchen a calor, a Xunta vai axudar". Posteriormente, Rueda dixo que está de acordo en probar esta "experiencia piloto" en Ourense, aínda que pide ao Concello que concrete máis "que rúas teñen problemas".

Tamén analizaron nesta cita a integración de Ourense no sistema de transporte metropolitano. Neste senso, advertiu Rueda a necesidade de que o Concello renove a concesión de transporte urbano.

No eido social, o presidente da Xunta lembrou ao alcalde a necesidade de axilizar a concesión de licenzas para levar a cabo dúas obras claves para a cidade: a rehabilitación do centro de Reforma Monteledo e a construción da residencia de maiores impulsada por a Fundación Amancio Ortega.

A Xunta vai destinar case 900.000 euros á reforma e mellora enerxética do centro de menores de Monteledo. No entanto, Rueda advertiu que o inicio da obra está suspendido ata que o concello emita a licenza correspondente.

Por outra parte, Rueda tamén alertou de que para poder iniciar a construción da nova residencia de maiores que, segundo apuntouterá 120 prazas, é preciso facer unha obra de retranqueo do centro de transformación eléctrica que hai no terreo onde se vai localizar. E lembrou que tamén está pendente de licenza.

Comentarios