18-F

Rego cre que o BNG "non ten teito" e augura que "seguirá crecendo" como alternativa ao PP na Galiza

O deputado no Congreso dixo que o BNG traballará por "ampliar a súa base social e electoral".
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, hoxe, en rolda de prensa. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
photo_camera O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, (Foto: Carlos Luján / Europa Press)

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, dixo que o nacionalismo "non ten teito" e augurou que ten posibilidade de "seguir crecendo" como alternativa ao PP, despois que nas eleccións deste domingo obtivesen o seu mellor resultado histórico con 25 escanos no Parlamento.

"Hoxe hai unha alternativa ao PP máis forte da que había antes destas eleccións, e por tanto temos un horizonte claro", asegurou Rego nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, onde sostivo que "o BNG non ten teito" e que seguirán traballando para continuar crecendo.

Segundo o deputado da formación nacionalista galega, o BNG é unha forza nacionalista, soberanista de esquerdas e "decididamente antiimperialista", e a pesar de que "todo o mundo" coñece esa posición política, o seu partido conseguiu o apoio de máis do 31% dos galegos, con case medio millón de votos.

Neste sentido, augurou que o BNG traballará por "ampliar a súa base social e electoral" e seguir crecendo como alternativa do PP na Galiza, aínda que sen "renunciar" aos seus "postulados políticos", como veñen facendo "desde sempre e especialmente nos últimos tempos".

"Sabemos que hai persoas que non eran votantes habituais do BNG e que, nesta ocasión, apostaron por unha forza política na que vían esa posibilidade de articular un cambio de rumbo", proseguiu Rego, manifestando a "absoluta certeza" de que o seu partido non defraudará aos seus votantes.

Máis en POLÍTICA
Comentarios