Racha o pacto de Goberno entre PSOE e a marea local en Vilalba

Tras case un ano de pacto.

Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba
Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba

Fin ao pacto de Goberno en Vilalba tras 11 meses de bipartito. PSOE e a marea local, Vilalba Aberta, emitían nas últimas horas candanseu comunicado no que daban por acabado o acordo que permitía gobernar o PSOE nunha vila até entón sempre gobernada pola dereita. A elección como alcaldesa da socialista Elba Veleiro rachaba con 40 anos de goberno da dereita. 

O motivo da ruptura é a “perda de confianza” do PSOE no concelleiro de Vilalba Aberta Modesto Renda, cabeza de lista de VA nas municipais de 2019, onde esta formación atinxiu 2 representantes.

Os socialistas indican que se propuxo que a outra concelleira de VA asumise as competencias delegadas até agora en Renda, como Turismo e Comercio Local, mais a asemblea de Vilalba Aberta rexeitou esa posibilidade.

Comentarios