O PSOE pontevedrés pide un referendo sobre a monarquía e torce pola república

A Executiva local d@s socialistas na cidade partilla a postura das XXSS e posiciónase a prol da República

A Executiva local do PSdeG-PSOE de Pontevedra decidiu por unanimidade declarar o seu apoio á república “como fórmula de organización política do Estado en España”. Unha afirmación que acompañan da reclamación ao goberno central para que convoque un referendo sobre a monarquía. Un posicionamento antagónico co expre4sado nestas horas pola cúpula do PSOE, con Rubalcaba á fronte, de apoia a monaquía e o proceso de sucesión que leve á xefatura do Estado a Felipe VI.

A executiva d@s socialistas pontevedreses instou a Mariano Rajoy a que convoque un referendo, dentro do marco constitucional, “para que os españois podan exercer o seu dereito democrático para decidir entre a monarquía e a República".

O PSOE de Pontevedra súmase así á petición m antida pola esquerda española (IU, Podemos, Equo...).

Comentarios