O PSdeG exixe "cubrir" as vacantes no Sergas para evitar desatención no verán

Álvarez cualifica de "discrecional" o feche de camas en período estival.
O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez. (Foto: Nós Diario)

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, exixiu esta segunda feira á Xunta que renuncie ás "ocorrencias" e cubra as baixas, as vacantes e as vacacións do persoal sanitario para evitar a "desatención" nos PAC e centros de saúde, en especial nos concellos das Rías Baixas, con grande afluencia turística.

Álvarez trasladou a "profunda preocupación" do seu partido pola intención do Goberno da Xunta de fechar ao redor de 665 camas —cálculos do propio Sergas na pasada fin de semana—, o que significa "en torno a 12 ou 15%" das camas do Sergas neste verán". Na súa intervención, cualificou este feche de "discrecional".

Ademais, reprochou ao PP que "non falen directamente do feche de camas" e recorran a "eufemismos" para "tentar tapar o desastre da súa xestión". Neste sentido, reclamou ao Executivo galego que manteña o persoal total no ámbito sanitario cubrindo totalmente as vacacións do persoal cunha planificación específica nos meses de verán nos hospitais e na Atención Primaria, con especial atención aos puntos xeográficos con maior concentración turística.

Por outra parte, Álvarez acusou o líder do PP estatal, Alberto Núñez Feixoo, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de "branquear" argumentarios "negacionistas" da violencia machista e instounos a voltar ao consenso.

"Ratificar e validar"

Nesta liña, acusou os populares de levantar "cunha man, teoricamente un muro contra a violencia de xénero" e coa outra pór de candidato na Illa de Arousa un condenado pola mesma e "ratificar e validar" os discursos negacionistas da extrema dereita.

Comentarios