Pontón ve uns orzamentos da Xunta "insuficientes" e "menos expansivos" que os actuais

A portavoz nacional do BNG indica que o teito de gasto anunciado polo executivo galego é menor ao das contas actuais.

ANAPONTON E XOSE LUIS RIVAS FEIRA DE MAZARICOS
photo_camera Xosé L. Rivas 'Mini', Ana Pontón e Xoán Blanco, alcalde de Mazaricos

O teito de gasto anunciado polo goberno galego para os orzamentos de 2017 indica que imos ter unhas contas “menos expansivas” que as actuais embora que o goberno insista en que se sae da crise. Afirmouno Ana Pontón, portavoz nacional do BNG este domingo durante a súa visita á X edición da Semana gandeira de Mazaricos. “Máis aló do anuncio publicitario, as cifras que se anunciaron din que Galiza terá un orzamento menos expansivo que o actual. En 2016 os presupostos medraron en 437 millóns de euros, mentres que para 2017 anunciase unha subida de 190 millóns de euros. Con este dato, como pode presumir o señor Feijóo de ter un orzamento expansivo?”, manifestou Pontón. A portavoz nacionalista indica que o feito de que o teito de gasto para 2017 continúe por baixo dos niveis anteriores á crise “demostra a insuficiencia do actual modelo de financiamento para Galiza”.

.A isto engade que o medre económico previsto para 2017 polo propio executivo galego vai ser do 2,4% fronte ao 3,1% que se anunciou para o presente exercicio.Un descenso de cinco décimas. Os datos difundidos pola Xunta fan prever para a portavoz nacionalista unhas contas públicas “insuficientes para recuperar os servizos públicos privatizados e para financiar políticas de benestar social como as derivadas da lei de dependencia, ou para contar con recursos suficientes para promover políticas activas de emprego”.

Gandeiría

Durante a súa á Semana Gandeira, Pontón lembrou que entre as medidas que o BNG considera prioritarias para o sector figuran garantir un prezo xusto para os produtores cunha intervención directa da ddministración no mercado, para evitar o dumping que practican industrias e grandes superficies extorsionando aos produtores. Neste mesmo sentido, contratos homologados cun prezo mínimo para o produtor de leite e control desde a Administración para que se cumpran.

Comentarios