Pontón insta Feijóo a que aproveite a visita do ministro de Fomento para pedirlle a fin do veto á AP9

A portavoz do BNG solicita ao presidente da Xunta que exixa do Estado para Galiza o mesmo trato que tiveron Catalunya e Euskadi cando solicitaron a transferencia das autoestradas.

DF-2qdeXoAEvpjP

A portavoz nacional, Ana Pontón, instou o presidente da Xunta a que aproveite a visita nesta segunda feira do ministro de Fomento,  Íñigo de la Serna, a Galiza para reclamarlle que levante o veto á AP9 e esixir para o noso país o mesmo trato que recibiron Euskadi e Catalunya cando solicitaron a transferencia das súas autoestradas.

“Ten unha oportunidade de ouro para reclamar respecto ás decisións de Galiza”, afirmou Pontón  durante a súa visita ao concello de Castrelo de Miño, con motivo da celebración do décimo aniversario do Goberno municipal do BNG. Para a portavoz nacionalista, a “submisión” de Núñez Feijóo perante Madrid ten un custo que notan nos seus petos as 20.000 persoas que diariamente usan a AP9.

Durante o acto en Castrelo, Pontón  parabenizou o “gran traballo” do goberno local para mellorar a vida das persoas, con iniciativas económicas, sociais e culturais. Alí aproveritou tamén para  reivindicar o dereito de que Galiza se beneficie “dos seus propios recursos n a produción de enerxía. “Non é normal que sendo produtores netos de electricidade non nos beneficiemos de tarifas máis baratas por unha decisión política baseada en criterios centralistas do Estado”, alegou.  “Hai que corrixir esta situación apostando en que Castrelo de Miño e Ourense se beneficien dos seus recursos como a electricidade para reinvestir”.

Comentarios