Podemos ofrece ao PSOE candidaturas conxuntas ao Senado

Nunha carta enviada aos socialistas, o partido de Pablo Iglesias propón facer listas “onde sexa posíbel co obxectivo de acabar co bloqueo do PP” na Cámara alta. A resposta de Pedro Sánchez á oferta, un breve "non, grazas".

pedro sánchez pablo iglesias psoe podemos

Podemos ofrece ao PSOE presentar listas conxuntas ao Senado. Así llo expón o partido de Pablo Iglesias aos socialistas nunha carta remitida esta terza feira polo Consello cidadán estatal e na que propón unha “alianza electoral alí onde sexa posíbel co obxectivo de rematar co bloqueo do PP” na Cámara alta. A oferta estaría aberta “a todos os actores sociais e políticos que avogan por este cambio progresista” e que desexen sumarse a estas listas.

Podemos pide “xenerosidade, pluralidade e equilibrio” á hora de confeccionar esas listas conxuntas e aposta mesmo por deixar fóra das negociacións aqueles lugares onde o entendemento non sexa posíbel, para así evitar bloqueos no acordo.

Na misiva o Consello cidadán indica que nas eleccións do 20-D o PP apenas obtivo o 29% dos votos válidos, mais obtivo o 60% dos escanos do Senado, “consolidando así unha minoría de obstrución e bloqueo que dificultaría a acción de goberno de cambio democrático que aspiramos a construír após o 26-X”. Podemos di que con esa maioría o PP podería “obstaculizar as profundas reformas que precisa o noso país, entre ellas a propia reforma do Senado”.

"Non, grazas"

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, respondeu cun breve "non, grazas" á oferta de Podemos. 

Comentarios