Podemos e IU fechan o acordo para ir en coligazón o 26-X

Alberto Garzón será número 5 da candidatura de Madrid. 

Alberto Garzón e Pablo Iglesias
photo_camera Alberto Garzón e Pablo Iglesias

As direccións de Podemos e Izquierda Unida fecharon un acordo esta segunda feira para concorreren de maneira conxunta ás eleccións do 26 de xullo.

Farano como coligazón electoral cun nome común e os logotipos de ambas as dúas formacións visíbeis nas papeletas, segundo avanza eldiario.es. Na coligazón tamén estará Equo. Alberto Garzón será o número 5 da candidatura de Madrid, a súa posición foi un dos puntos quentes da negociación. 

Segundo eldiario.es, o 26-X tamén repetirán forma En Comú Podem e En Marea mentres que IU se incorporará á candidatura de Compromís no País Valenciá. 

O acordo será sometido á consideración das bases de ambos os dous partidos desde mañá e até a quinta feira, cando se coñecerán os resultados. A campaña será conxunta embora cada unha das forzas da coligazón poderá convocar os seus propios actos. 

Comentarios