Pedro Sánchez comprométese a "impulsar" o uso de galego, euskera e catalán nas institucións europeas

“En España fálase castelán, mais tamén galego, euskera e catalán”, asegurou o titular en funcións do Goberno español.
Pedro Sánchez en rolda de prensa esta cuarta feira (Foto: PSOE).
photo_camera Pedro Sánchez en rolda de prensa esta cuarta feira (Foto: PSOE).

Pedro Sánchez comprometeuse nunha rolda de prensa ofrecida esta cuarta feira a impulsar o uso das linguas oficiais nas institucións europeas.

“En España fálase castelán, mais tamén galego, euskera e catalán”, asegurou o titular en funcións do Goberno español.

Sánchez fixo este anuncio unhas horas antes de decidirse a división da mesa do congreso, que aínda non está decidida.

A postura de Junts

Junts non fixo público se apoiará á candidata socialista, Francina Armengol. A formación decidirá mañá ás 8 da mañá nunha executiva telemática.

O presidente do partido soberanista, Carles Puigdemont reclamou esta cuarta feira feitos comprobábeis antes de comprometerse a calquera votación na mesa e á investidura.

O galego nas institucións estatais

Esta postura de Sánchez contrasta coa mantida polo seu partido no relativo ás institucións estatais. Nas diferentes ocasións que partidos nacionalistas das nacións sen Estado propuxeron poder usar as linguas oficiais no Congreso ou no Senado o PSOE votou en contra.

A última vez en xuño de 2022, cunha iniciativa conxunta de BG, ERC, EH Bildu, Junts, PdeCat, PNV, CUP e Compromís para poder utilizar as linguas oficiais na Cámara baixa, foi rexeitada pola maioría do PSOE, PP e Vox.

Comentarios