O BNG pensa que o Plan Gaiás é unha simple 'estratexia de marketing'

Ana Pontón critica 'o fracaso da Xunta ' na xestión da Cidade da Cultura e pensa que o Plan presentado polo goberno galego é unha 'tomadura de pelo'.
Ana Pontón no Parlamento

A portavoz do BNG no Parlamento galego atacou duramente a proposta presentada por Jesús Vázquez, Conselleiro de Educación e Cultura, coas liñas estratéxicas da Cidade da Cultura até o ano 2020. Pontón, cualificou o Plan de mera “estratexia de marketing”, un simple “power point” co que agochar que este goberno non sabe que facer co macro complexo e que "lonxe de xerar riqueza polo de agora só implicou malgasto e despilfarro por parte do Executivo do PP".

Un dos apartados máis polémicos foi o económico. Na que xa é a infraestrutura máis cara da historia da Galiza, Pontón esixiu saber “de onde van sacar os fondos" e "onde están o estudo sociecónomico, o de viabilidade económica-financieira, o de costes, que deben acompañar a todo Plan destas características”. O BNG non considerou serio que se poña como salvadr deste burato económico unha hipotética axuda europea.

 Pontón esixiu saber “de onde van sacar os fondos" e "onde están o estudo sociecónomico, o de viabilidade económica-financieira

 A portavoz do BNG sinalou que este goberno "perdeu toda a súa credibilidade" e lembrou as distintas declaracións feitas tanto por Feijóo como polo conselleiro nas que se falaba da Cidade da Cultura como o grande revulsivo económico, cultural e turístíco de Galiza. "Agora as propostas que presentan teñen trampa" asegurou en referencia aos posíbeis ingresos polo aluguer de instalacións.

por último Ana Pontón prantexou outras dúbidas, como o feito de que se amplíe o persoal da Fundación en teoría sen incrementar gastos; se duplique Agadic, a través do Centro de Innovación Cultural ou se teime no teleférico cando os estudos din que só compensa a partir do millón e medio de visitas (1,4 ao ano) e os propios cálculos da Xunta falan de medio millón.

Comentarios