O obxectivo, di a Zarzuela, é "constatar" se é posíbel "propor outro candidato" distinto a Pedro Sánchez após fracasar este na investidura. Así o trasladou a casa do xefe de Estado, Felipe de Borbón, ao presidente do poder lexislativo, Patxi López, que deberá remitir a listaxe de nomes que os grupos parlamentares designen representantes para a rolda de conversas.
A Constitución fixa o 2 de maio como data límite para constituír o novo executivo
Os últimos movementos entre PSOE e Podemos evidencian a falta de acordo entre Sánchez e Iglesias polo que semella improbábel que o candidato socialista poida conseguir os apoios necesarios para ser eleito presidente. Ora ben, tampouco Mariano Rajoy malia as sucesivas tentativas por tender pontes entre PSOE e PP por parte de Ciudadanos.
Se finalmente a rolda remata sen un novo nome o 2 de maio é a data límite fixada pola Constitución española para conformar goberno polo que se procedería a disolver as Cortes e a publicar un novo decreto de convocatoria de eleccións de cara ao 26 de xuño.