En Marea acusa a Xunta de permitir que unha multinacional "dirixa" as unidades de cardioloxía nos hospitais galegos

A vicepresidenta do Parlamento e deputada Eva Solla salientou que Medtronic está a empregar este servizo “en función das súas necesidades e criterio empresarial” e non guiada polo “interese xeral” ou a “saúde”.
 

feixoo xunta snidade saude foto da xunta

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou que o Goberno galego oculta información relativa ao convenio asinado coa multinacional Medtronic. Solla lembra que esta é unha multinacional que está a traballar “de xeito permanente” nas unidades de cardioloxía dos complexos hospitalarios de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Lugo “para probar os seus produtos usando as instalacións públicas en beneficio propio da empresa”.
 

Medtronic  foi obxecto de investigación e sancións por parte doutros países


“O rexeitamento por parte da Xunta de informar e ocultar información á cidadanía é o xeito habitual de proceder do goberno galego” afirmou a parlamentar, tamén secretaria xeral do Partido Comunista de Galicia (PCG)
 

Despois de revisar a documentación aportada, o grupo de En Marea afirma que puido constatar que se está a permitir á esta empresa que “sexa a que dirixa o funcionamento das unidades de cardioloxía baseándose en criterios de beneficio empresarial. Un procedemento que a Xunta pretende trasladar a outras unidades”. 
 

Medtronic  foi obxecto de investigación e sancións por parte doutros países. Así, en China foi sancionada por cuestións relacionadas cun subornos e tamén en EE.UU. tivo varias condenas pola vía penal por subornos a médicos para que empregasen os seus produtos. Trátase ademais dunha empresa que está a ser vixiada pola Axencia Española do medicamento en relación ás bombas de insulina. 
  
 

Comentarios