Lorix e Mosquerix contra o imperio PPromano

O BNG de Pontevedra lanzou unha banda deseñada feita por Kiko Dasilva coa que desenvolverá unha campaña diferente, por tutatis!

BNG
photo_camera [Imaxe capa Mónica Patxot / Ilustración Kiko Dasilva]

A piques de comezar a campaña electoral o BNG de Pontevedra lanzou unha orixinal idea coa que achegar o seu proxecto á veciñanza da cidade do Lérez. Con retranca, @s nacionalistas presentaron Lorix e Mosquerix, unha adaptación da coñecida banda deseñada Astérix e Obélix que vén asinada da man do debuxante Kiko Dasilva. 

En páxinas de cómic preséntase a cidade galega Pontevedrum, un reducto de insubmisión ao imperio hispánicus dominado polo PPromano. Na banda deseñada aparecen personaxes sobradamente coñecidas da cidade, para alén do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lorix e Raimundo Mosquerix, concelleiro de Infraestruturas. 

Tamén Moreium "centurión dos exércitos PPromanos e monicreque do imperio" e Agustinus, líder dos "socialistum hispánicus" que "sempre se esconde cando Pontevedrum necesita axuda". 

Unha orixinal iniciativa que chegará ás caixas de correo de toda a veciñanza através do buzoneo que desenvolverá o BNG. 

Comentarios