A Fiscalía oponse á “inédita” manobra do TC contra Puigdemont e Comín

A decisión obrigará agora a debater a orde de detención de Puigdemont no pleno do TC, con maioría progresista

Carles Puigdemont intervindo no Parlamento europeo. (Foto: VilaWeb)
photo_camera Carles Puigdemont intervindo no Parlamento europeo. (Foto: VilaWeb)

A Fiscalía recorrerá a partir de setembro a decisión emitida pola sala en funcións do Tribunal Constitucional español (TC) de non admitir o recurso presentado por Carles Puigdemont contra a orde de detención ditada polo maxistrado Pablo Llarena.

Considera que non urxe resolvelo agora, no parón estival, en lugar de seguir o réxime ordinario de reparto e resolución de asuntos no Tribunal Constitucional.

A decisión obrigará agora a debater a orde de detención de Puigdemont no pleno do TC, que conta con maioría progresista desde este mes de xaneiro.

Fontes fiscais confirmaron á axencia Europa Press que a Fiscalía española actuará en contra da decisión do TC porque entende que non hai ningunha urxencia que xustifique que a sala de funcións sexa a encargada de resolver a petición de Puigdemont, en lugar de esperar a que sexa resolta polo pleno de TC a partir de setembro, unha vez rematadas as vacacións.

Cómpre lembrar que, aínda que o pleno do alto tribunal conta dende este ano cunha maioría progresista, a maioría na sala de funcións segue sendo conservadora.

No acto, ditado na mañá desta cuarta feira por dous votos (os dos maxistrados conservadores César Tolosa e Concepción Espejel, considerados próximos ao PP) contra un (o da maxistrada progresista Laura Díez) estipula que a decisión pode ser recorrida polo ministerio público nun período de tres días.

Porén, agosto é máis ineficiente nos xulgados, polo que a Fiscalía ten até setembro para decidir se impugna ou non a resolución.

Comentarios