Sesión de control

Feixoo defende a xestión privada das residencias e desbota a súa ‘reversión’ ao público

O BNG criticou que os xeriátricos estivesen en mans de “caridade” ou empresas interesadas no “negocio”. O PSdeG, pola súa banda, criticou o presidente por teimar nunha Lei de Saúde que “vulnera dereitos”.

Núñez Feixoo na sesión de control ao Goberno na Cámara galega (Foto: Arxina)
photo_camera Núñez Feixoo na sesión de control ao Goberno na Cámara galega (Foto: Arxina)

Núñez Feixoo considera acaído e válido o actual modelo de residencias que hai na Galiza e polo cal por volta do 85% das prazas están xestionadas polo sector privado. Así se evidenciou na resposta que o presidente deu na sesión de control no Parlamento ao BNG, que pedía ao Goberno galego pasos cara á xestión pública destes centros.

Feixoo acusou o BNG de facer “demagoxia” e de ser responsábel, “alí onde goberna”, de apostar na xestión privada. Tamén o acusou de non respectar os traballadores e traballadoras do sector privado nas residencias: “Non merecen o seu respecto porque non son funcionarios”, chegou a dicir.

Defendeu que Galiza foi o territorio con menos impacto mortal da Covid nas residencias de anciáns. A portavoz do BNG, Ana Pontón, reprochoulle que “presumise” de datos de residencias na pandemia cando pola Covid faleceron centos de persoas usuarias.

A nacionalista sintetizou en tres propostas a demanda do BNG a respecto do modelo residencial: xestión pública das residencias que se constrúen nas 7 cidades, recuperar para o público aqueles centros de xestión privada a medida que vaian caducando os contratos, e unha lei de residencias “quer poña as persoas maiores no centro”.

Lei de Saúde

Gonzalo Caballero, pola súa banda, centrou a súa intervención nunha crítica á teima da Xunta en seguir coa Lei de Saúde, unha lei, dixo o socialista, que “vulnera dereitos dos galegos e galegas”. Antes, Caballero responsabilizou Núñez Feixoo de ser quen “creou o problema” no Concello de Ourense ao “`pactar co caciquismo” de Baltar.

O secretario xeral do PSdeG asegurou que “na pandemia non pode haber tics autoritarios”, en referencia á Lei de Saúde da Xunta que o Goberno español levou ante o Tribunal Constitucional.

Para Caballero, a lei é un exemplo “de como o PP se excede” e instou o Executivo central a se centrar na “vacinación” e en proxectos de “recuperación económica”, cuestións para as que tendeu a

O presidente galego acusou Caballero e o PSOE de tentar botar abaixo a Lei de Saúde da Galiza mentres que, asegurou, non fan o mesmo con proposta doutros territorios – citou Aragón- que van na mesma liña e sentido que o proposto por Galiza.

Comentarios