Feijóo, o máis rico do seu goberno

O Diario Oficial de Galiza (DOG) publica un resume do contido da declaración de bens patrimoniais dos membros do executivo. O presidente da Xunta e do PPdeG aumentouno un 11,7% en dous anos.
Feijóo
photo_camera Feijóo

O actual presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, é o máis rico do executivo galego cun activo de 577.381,24 euros, segundo publica o Diario Oficial de Galiza (DOG). Os últimos casos de corrupción vencellados a membros do PP en Madrid e o PPdeG en Galiza fixeron que Feijóo respondera do mesmo xeito que Rajoy e publicara un resumo do seu patrimonio, mais non a declaración da renda na súa totalidade.

Seguimos sen saber onde, como e con quen teñen ese patrimonio @s conselleir@s de Feijóo posto que, como indica o propio DOG, "no suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial". No último consello da Xunta, o presidente asegurou que hoxe mesmo daría a coñecer na páxina web da Administración galega máis resumes das súas declaracións da renda desde 2008.

No último consello da Xunta asegurou que hoxe mesmo daría a coñecer na páxina web da Administración galega máis resumes das súas declaracións da renda desde 2008

O executivo de Feijóo declara 1,65 millóns de euros

Na listaxe de membros do goberno quen ten máis diñeiro, polo menos rexistrado en facenda, é o propio Feijóo e a distancia séguelle Jesús Vázquez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con 260.281,57 euros.

Logo virían Agustín Hernández, de Medio Ambiente, con 199.387,67 euros e Beatriz Mato, de Traballo e Benestar, con 131.500 euros. Menos renda declaran Alfonso Rueda, Presidencia, con 129.757,58 euros; Rocío Mosquera, de Sanidade, con 107.474,55 euros; Francisco Conde, de Economía e Industria, con 100.812,57 euros; e Elena Muñoz, de Facenda, con 70.995,06 euros. pecharía a listaxe Rosa Quintana, de Medio Rural e do Mar, con 69.717,54 euros.

A suma total dos seus patrimonios sería, en bruto, de 1,65 millóns de euros.

Feijóo aumenta o seu patrimonio

O propio DOG tamén publicou con anterioridade datos fiscais do goberno galego con data de 2010. Ao contrastar datos atopamos que en dous anos o presidente do PPdeG aumentou o seu patrimonio un 11,7%. Dous conselleiros do seu gabinete que aínda continúan no executivo, Agustín Hernández e e o polémico conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, aumentaron un 13,7% e 7,9% respectivamente.

Comentarios