Sesión de control

Feijóo bota balóns fóra na devolución do Pazo de Meiras

O presidente di, en resposta á petición do BNG de que se restitúa o edificio ao pobo galego, que a familia Franco “ten a garantía de que o goberno galego cumpre a lei”.

Feijoo parlamento pedro puy xunta PP
photo_camera Feijoo parlamento pedro puy xunta PP

Feijóo non está disposto a mover un dedo para que o Pazo de Meirás deixe de ser propiedade da familia Franco e pase ser un ben público. Unha posición que o presidente vestiu con dous argumentos básicos: que estamos nunha democracia e nun estado de dereito e as familias, entre elas a de Franco, “ten garantías” legais. E que non está disposto a pagar “dúas veces” polo Pazo.

O BNG anunciou na sesión de control ao presidente unha proposta para que se declare a familia Franco “non grata” en Galiza, que a Xunta se sume á comisión á comisión pro-devolución do Pazo e que se active unha lei de memoria “que restitúa ao pobo galego o Pazo de Meirás”. A portavoz nacionalista, Ana Pontón, reprochou a Feijóo o posicionamento do PP a respecto de Meirás. No seu momento estiveron en contra de declaralo BIC, lembrou. “Foi un roubo e un espolio”, acrecentou en referencia do pazo, indicando que a transición “blindou” esa situación, polo que cómpre facer é, dixo, “cambiar esta situación aberrante desde un punto de vista democrático”.

DSC_0030Feijóo non se inmutou. “Nós fixemos cousas”, afirmou, apontando a apertura de expedientes á familia Franco.Dixo que unha comisión de expertos tratará este tema e mesmo criticou o BNG por traer este tema á colación “40 anos despois” da morte do ditador.

Meirás centro a sesión de control ao presidente no inicio deste curso político, mais non foi a única cuestión tratada. Luis Villares (En Marea) preguntou a Núñez Feijóo sobre que pensa facer a Xunta perante a “vergoña” dun mercado laboral de precariedade, temporalidade e baixos salarios. Feijóo tirou de dados para se gabar do feito estes anos, unha resposta que combinou cos ataques a Villares polas diferencias internas no seu grupo.

Fernández Leiceaga (PSdeG) trouxo á sesión o anteproxecto de Lei de Saúde da Xunta e o rexeito tan amplo, afirnmou, que xera. O interpelado volveu tirar do seu manual nas sesións de control: atacar o partido do interpelante. 

Comentarios