Falece Manuel Rial, alcalde de Nigrán entre 1999 e 2003

O concello do cal foi rexedor a principios da década dos 2000 decretou tres días de loito oficial pola súa morte
Manuel Rial (Foto: Concello de Nigrán).
photo_camera Manuel Rial (Foto: Concello de Nigrán).

O Concello de Nigrán (comarca de Vigo) e o Partido Socialista manifestaron o seu pesar polo falecemento de Manuel Rial Cadaval, alcalde do municipio entre 1999 e 2003.

O concello do que foi rexedor a principios da década dos 2000 decretou tres días de loito oficial pola súa morte.

Tamén manifestou as súas condolencias o PSdeG a través dunha mensaxe nas redes sociais no que envían un abrazo á súa familia e achegados.

Traxectoria

Exempregado de Aena, encabezou as listas do PSOE de Nigrán en 1999 sendo elixido Alcalde​ co apoio do Partido Independente de Nigrán (PINN) encabezado por Avelino Fernández Alonso que tamén fora alcalde polo PP.

Aos poucos meses rompe o pacto. O PINN e o PP de Nigrán presentan unha moción de censura que fracasa ao non ser apoiada por 5 dos 7 concelleiros do PP.

Comentarios