18-F

Un escano no ar: así podería modificar o Parlamento galego o voto CERA

O país que máis votos emite é Arxentina, con case 7.800 votantes, sendo a circuncrición da Coruña a maior destinataria, con algo máis de 2.700, seguida de Pontevedra cuns 2.400. Por detrás sitúanse Lugo e Ourense, cuns 1.300 cada unha.
Papeletas dos distintos partidos que concorren ás eleccions do 18-F. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Papeletas dos distintos partidos que concorren ás eleccions do 18-F. (Foto: Nós Diario).

Uns 29.300 persoas emitiron o seu voto desde a emigración, dos cales case 6.150 fixérono con destino á circunscrición de Ourense, a única na que un escano podería variar tendo en conta que o Partido Socialista quedou a 112 sufraxios de obter un segundo escano. En concreto, a da Coruña é a que máis votos recibe do exterior, con algo máis de 10.800 papeletas emitidas; seguida pola de Pontevedra, con case 8.900.

En terceiro lugar sitúase a de Ourense, onde estes ao redor de 6.150 votos poderían mover o taboleiro debuxado co reconto do domingo en beneficio do PSOE, tendo en conta que quedou a 112 votos de obter un segundo deputado. Pola súa parte, case 3.300 persoas residentes ausentes votaron na provincia de Lugo.

Que países votaron máis?

O país que máis votos emite é Arxentina, con case 7.800 votantes, sendo a circuncrición da Coruña a maior destinataria, con algo máis de 2.700, seguida de Pontevedra cuns 2.400. Por detrás sitúanse Lugo e Ourense, cuns 1.300 cada unha.

Un total de 4.398 persoas emitiron o seu voto desde Suíza. En concreto, 2.123 fixérono á Coruña, 377 a Lugo, 1.047 a Ourense e 929 a Pontevedra. Pola súa parte, 11 figuran como descoñecida.

Desde Montevideo (Uruguai) votaron unhas 2.300 persoas, sendo tamén as de Pontevedra e A Coruña as circunscricións que máis reciben, con 1231 e 737 sufraxios. En terceiro lugar sitúase Ourense, con 212 e en cuarto Lugo, con 153.

Nos consulados de Venezuela contabilizáronse 1.840 votos, sendo neste caso tamén a Coruña a que máis recibe 589. Por detrás sitúanse Ourense, con 556; Pontevedra, con 473 e Lugo, con 222.

Comentarios