Podemos e Ciudadanos xa superan xuntos en intención de voto á suma de PP e PSOE

Unha enquisa de Metroscopia confirma o cambia de escenario no Estado, onde do bipartidismo pasaríase a un sistema de catro partidos principais, con dúas forzas novas ocupando os eixes que antes monopolizaban populares e socialistas. @s de Pablo Iglesias serían @s máis votad@s.

podemos
photo_camera Podemos

Podemos volve aparecer como forza máis votada nunha eleccións xerais, se ben emite os seus primeiros síntomas de esgotamento e semella tocar teito, o que non eclipsa un resultado espectacular segundo a enquisa de Metroscopia que publica este domingo o diario El País, que confirma o novo escenario estatal, onde o bipartidismo desaparece e a formación de Pablo Iglesias e Ciudadanos aparecen como forzas en ascenso ante a decadencia de PP e, especialmente, PSOE.

A suma de Podemos e Ciudadanos supera xa en votos á de PP e PSOE. Os primeiros consiguen un 27,7 de estimación e os segundos un 12,2; namentres que o partido de Rajoy ten un 20,9 e o de Pedro Sánchez afúndese nun 18,3. Este último dato semella revelador da crise socialista e do actual líder, que xa nin sequera atopa un espazo de apoio no diario de Prisa, que foi o seu principal defensor nun principio. Deste xeito, cada vez parece máis complicado que chegue a ser candidato se xorden outras opcións, como podería ser Susana Díaz.

IU e UPyD seguen moi por debaixo das novas forzas que entraron no seu espazo; na enquisa non hai datos sobre nacionalistas

Se PP e PSOE xa nin sequera terían asegurado o poder cunha grande coalición, outros prexudicados do inquérito son forzas que anteriormente recibían aos decepcionados do bipartidismo pero que están a ser superadas por Podemos e Ciudadanos. Unha é Izquierda Unida (que fica nun 6,5) e outra UPyD, cun 4,5. A enquisa céntrase nas formacións estatais e non ofrece datos sobre as nacionalistas.

Comentarios