A dirección estatal apoia a postura de Podemos Galiza

Carolina Bescansa afirma que están, "sen dúbida", cos pasos que está a dar o partido en Galiza nas negociacións con En Marea

Carolina Bescansa
photo_camera Carolina Bescansa

A dirección estatal de Podemos apoia o posicionamento que o partido está a ter en Galiza na negociación coas marés. Así o manifestou Carolina Bescansa, unha das dirixentes de Podemos, na Cadea Ser, no programa 'Hoy por Hoy' ao responder “sen dúbida” á pregunta de se a dirección estatal de Podemos apoiaba “os pasos dados por Podemos Galiza” nestas semanas a respecto de En Marea. Bescansa apelou ao diálogo e defendeu os métodos democráticos e de participación das bases nos que aposta Podemos, e que deben ser respectados.

Desde En Marea querían que a dirección estatal de Podemos fose interlocutora na negociación sobre a 'confluencia', comprobado que a dirección galega mantíñase na súa aposta inicial: non a diluirse nun partido instrumental, si a unha coligazón que respecte a marca Podemos.

Mais tamén hai en Podemos voces que piden unha integración en En Marea, como os deputados Antom Gómez Reino e Ángeles Rodríguez. Este sector, crítico coa secreataria xeral, Carmen Santos, impulsa un candidato alternativo nas primarias, o ex-senador García Buitrón, que aposta na confluencia. Agora ben, el propio recoñece que “hai que procurar outras vías” para esa confluencia.

Comentarios