O ex-senador Buitrón, candidato dos críticos nas primarias de Podemos

O sector é partidario de se integrar en En Marea e apoia Luis Villares.

[Imaxe: Radio Galega] Buitrón
photo_camera [Imaxe: Radio Galega] Buitrón

O médico e ex-senador de Podemos por En Marea, García Buitrón, será candidato nas primarias que ten en marcha o partido morado en Galiza. Así o anunciou José Pérez, membro do Consello Cidadán, en 'El País' e a cadena Ser. Hai, pois, persoa para se enfrontar á candidata 'oficialista', Magdalena Barahona.

Pérez afirma que Buitrón é “o candidato apropiado” e que vai dar o paso de se presentar ás primarias de Podemos “por responsabilidade”. Tamén indicou que ten claro que Buitrón aposta na integración en En Marea e que apoiará Luis Villares. “Calquera cadnidato que se presente ás primarias de Podemos se o que pretende non é converxer está a violar a vontade dos inscritos”.

García Buitrón foi senador na lexislatura anterior. Foi presidente da xestora de Podemos Galiza durante a 'crise' aberta con Breogán Riobóo. Na recente consulta interna de Podemos sobre como concorrer ás eleccións galegas apoiou publicamente a confluencia en En Marea.


 

Comentarios