Os deputados non terán que devolver os móbiles do Parlamento: "Pola súa antigüidade carecen de valor no mercado"

Os parlamentarios que cesan coa disolución da Cámara non cobrarán indemnización.

Pleno do Parlamento da Galiza (Foto: Parlamento da Galiza).
photo_camera Pleno do Parlamento da Galiza (Foto: Parlamento da Galiza).

Os deputados do Parlamento galego que cesan do seu escano coa disolución da Cámara, oficializada esta terza feira, e que non formarán parte da Deputación Permanente -nin como titulares, nin como suplente- non cobrarán ningunha indemnización compensatoria, a diferenza do ocorrido en 2020.

Así o acordou a Mesa da Deputación Permanente do Parlamento nunha reuniónesta cuarta feira, despois de que o Diario Oficial de Galiza (DOG) publicase o decreto do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que disolve o Lexislativo autonómico e que convoca as eleccións para o próximo 18 de febreiro.

O órgano que continuará coa actividade parlamentaria até o inicio da XII Lexislatura decidiu prescindir destas indemnizacións que, aínda que se suprimiron no ano 2012 nun contexto de crise económica -entón, Pilar Rojo estaba na Presidenci--, en 2020 recuperáronse coa disolución da Cámara para convocar eleccións que, inicialmente, íanse a celebrar o 5 de abril -pospuxéronse ao 12 de xullo pola pandemia de covid--.

Aquel ano, a Deputación Permanente acordara pagar aos deputados que cesaban un salario basee de 2.067,13 euros até o día en que se celebrarían os comicios, para así manter as súas cotizacións.

Nesta ocasión, ao finalizar a XI Lexislatura coa convocatoria anunciada a semana pasada por Rueda, o Parlamento non abonará a indemnización e simplemente pagará as cotas de cotización até o 31 de decembro de 2023, como máximo.

O obxectivo será "posibilitar o seu reincorporación ao seu posto público ou á súa actividade laboral ou profesional". No entanto, en todo caso, só se cotizará "até o día anterior ao indicado" por cada unha das súas señorías como data efectiva de dicha reincorporación, tal e como explica o Parlamento nun comunicado.

Ademais, os deputados que non forman parte da Deputación Permanente poderán ou ben adquirir os computadores portátiles que utilizaban, ou ben devolvelos á Cámara. No caso dos móbiles, non terán que entregalos ao considerarse que, pola súa antigüidade, "carecen de valor no mercado", e porque se garante así a protección dos datos de carácter persoal que poden incluírse neles.

A Deputación Permanente tamén abordou este mércores a súa composición. En concreto, formarán parte dela o presidente, Miguel Santalices (PP), e as vicepresidentas primeira e segunda, Elena Candia (PP) e Montse Prado (BNG), respectivamente.

Comentarios