Debate CRTVG: os 400 euros que os bebés galegos teñen que pagar aos “independentistas” cataláns

A débeda tamén tivo oco no debate na TVG, aínda que algunhas intervencións foron de arroibar.

WWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWWW

Desde 2009, ano no que o PP retornou ao Goberno da Xunta, até agora a débeda pública galega triplicou case por tres. O endebedamento público non deixou de medrar desde 2009. daquela sumaba 3.954 millóns de euros e equivalía a 6,8% do Produto Interior Bruto (PIB) da Galiza, a finais de 2023 chegada a 12.083 millóns de euros, representando 17,4% do PIB.

Este aumento foille reprochado a Alfonso Rueda polo resto de participantes no debate na CRTVG. O candidato socialista, José Ramón Gómez Besteiro, chegou a preguntar ao presidente a que se destinara tal cantidade de diñeiro adebedado.

Mais o candidato do PP non estaba tanto para preocuparse da débada galega, da que dixo que medrara menos que no resto de territorios do estado, como da factura de Catalunya, país ao que o presidente da Xunta citou en máis dunha ocasión no debate nun intento de envorcar o argumemntario do PP español.

·Para perdoar a débeda aos independentistas cataláns, cada galego vai ter que pagar 400 euros. Todos, mesmo se hai algún bebé deitado mentres os seus pais estannos vendo, ese bebé tamén terá que pagalo”, afirmou Rueda.

Até as crianzas que estaban durmindo placidamente, alleas ao devir político e ao debate, van ter que pagar 400 euros cada unha aos “independentistas cataláns”, segundo Rueda.

Este argumento de que caga galego e galega vai ter que pagar do seu peto 400 euros a Catalunya como consecuencia dos pactos de Pedro  Sánchez coas forzas cataláns, non é novo. Rueda teno utilizado en debates no Parlamento para cargar contra o BNG e o PSdeG e tamén en entrevistas e intervencións.

O que si foi novo foi o de citar que tamén os bebés van ter que apoquinar, aínda que estean durmindo.

“O de que os bebés galegos teñen que pagar a débeda de Cataluña acaba de ser épico. "Os bebés van ter que romper o peto", acaba de dicir a miña filla con retranca. Rueda máis perdido ca nunca”, sinalaba en X @penapresas

Comentarios